Aplysia é un xénero de moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, orde dos aplisíidos, que é o tipo da familia dos aplisíidos, que agrupa ás chamadas borrachas (un tipo de lesmas de mar), que habitan en todos os mares do globo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1767 por Linneo, na 12ª edición do seu Systema naturae.Linnaeus, C. (1767): Systema naturae per regna tria naturae: secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Ed. 12. 1., Regnum Animale. 1 & 2. Holmiae (Estocolmo), Laurentii Salvii.Aplysia Linnaeus, 1767 no WoRMS. Consultado o 16 de agosto de 2021.Aplysia Linnaeus, 1767 no GBIF.Consultado o 16 de agosto de 2021.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse polos sinónimos:

Aplysia (Aplysia) Linnaeus, 1767 Aplysia (Metaplysia) Pilsbry, 1951 Aplysia (Neaplysia) J. G. Cooper, 1863 Aplysia (Pruvotaplysia) Engel, 1936 Aplysia (Subaplysia) M. Medina, T. Collins & Walsh, 2005 Aplysia (Tullia) Pruvot-Fol, 1933 Aplysia (Varria) Eales, 1960 Aplysiopsis Bergh, 1898 Laplysia Linnaeus, 1767 Phyllobranchopsis Eliot, 1905 Pruvotaplysia Engel, 1936 Tullia Pruvot-Fol, 1933 Varria Eales, 1960

Especies Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes especies:

Aplysia argus Rüppell & Leuckart, 1830 Aplysia atromarginata Bergh, 1905 Aplysia brasiliana Rang, 1828 Aplysia californica J. G. Cooper, 1863 Aplysia cedrosensis Bartsch & Rehder, 1939 Aplysia cervina (Dall & Simpson, 1901) Aplysia concava G. B. Sowerby I, 1833 Aplysia cornigera G. B. Sowerby I, 1869 Aplysia dactylomela Rang, 1828 Aplysia depilans Gmelin, 1791 Aplysia dura Eales, 1960 Aplysia elongata (Pease, 1860) Aplysia extraordinaria (Allan, 1932) Aplysia fasciata Poiret, 1789 Aplysia ghanimii Golestani et al. Aplysia gigantea G. B. Sowerby I, 1869 Aplysia hooveri Golestani et al. Aplysia inca d'Orbigny, 1837 Aplysia japonica G. B. Sowerby I, 1869 Aplysia juanina (Bergh, 1898) Aplysia juliana Quoy & Gaimard, 1832 Aplysia keraudreni Rang, 1828 Aplysia kurodai Baba, 1937 Aplysia maculata Rang, 1828 Aplysia morio (A. E. Verrill, 1901) Aplysia nigra d'Orbigny, 1837 Aplysia nigrocincta E. von Martens, 1880 Aplysia oculifera A. Adams & Reeve, 1850 Aplysia parva Pruvot-Fol, 1953 Aplysia parvula Mörch, 1863 Aplysia perviridis (Pilsbry, 1895) Aplysia pilsbryi (Letson, 1898) Aplysia pulmonica Gould, 1852 Aplysia punctata (Cuvier, 1803) Aplysia rehderi Eales, 1960 Aplysia reticulata Eales, 1960 Aplysia reticulopoda Beeman, 1960 Aplysia robertsi (Pilsbry, 1895) Aplysia rudmani Bebbington, 1974 Aplysia sagamiana Baba, 1949 Aplysia sowerbyi Pilsbry, 1895 Aplysia sydneyensis G. B. Sowerby I, 1869 Aplysia tanzanensis Bebbington, 1974 Aplysia vaccaria Winkler, 1955 Aplysia vistosa Pruvot-Fol, 1953

Características miniatura|200px|Unha Aplysia fasciata (arriba) e unha parella de A. punctata (abaixo) nun acuario de Póvoa de Varzim, Portugal.

De corpo espido, estes animais respiran a través dunha respiración branquial que se manifesta polas branquias visíbeis dorsalmente, onde forman unha estrutura que recorda unha matogueira. Estas branquias son operculadas.F. Cuvier, Leçons d'anatomies comparées, t. 2, 1805, p. 304.

O tamaño destes fitófagos bentónicos é bastante grande en comparación coa maioría dos moluscos.

Pastan en zonas mareais e submareais de augas tropicais e subtopicais, principalmente na rexión Indo-pacífica (23 especies), pero tamén se encontran no océano Atlántico (12 especies, cunhas poucas no Mediterráneo).

Son hermafroditas e fan cópulas cruzadas de dous individuos, nas que cada un deles emprega sucesivamente un ou o outro dos seus sexos.

Cando son ameazados, liberan nubes de tinta ou borra para dificultar a visión do atacante.

Baixo a dirección de Eric R. Kandel, este xénero foi estudado como organismo modelo en neurobioloxía, porque a liberación de tinta é unha resposta mediada por sinapses eléctricas, que permiten que varias neuronas disparen de maneira sincronizada.Kandel Eric R., Schwartz, J. H. e Jessell, T. M. (2000): Principles of Neural Science, 4th ed. New York: McGraw-Hill. ISBN 0-8385-7701-6.

Esta rápida resposta neural é importante para que o animal reaccione fuxindo.

En Galicia

En Galicia viven tres especies deste xénero: Aplysia punctata (Cuvier, 1803), a máis común, de coloración variábel, parda avermellada escura nos individuos novos e parda verdosa escura, ás veces con puntos albrancazados, nos individuos vellos, e outras dúas especies do mesmo xénero, máis escasas, A. fasciata (Poiret, 1798), de cor escura cos bordos dos parápodos avermellados, e a máis rara, A. depilans (Gmelin), 1791, que segrega un líquido de aspecto leitoso, non violeta, como as dúas anteriores.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía D'Ancona, U. (1972): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Ed. Labor, pp. 744–745. Grassé, P.-P.; R.-A. Poisson e O. Tuzet (1976): Zoología. 1. Invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 410–415. Míguez, R., González, C. e García Álvarez, O. (1996): Guía ecolóxica do litoral galego. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-973-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ed. Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 145–146. Rolán, E. (1993): Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-698-X. Rolán, E. (1983): Moluscos de la ría de Vigo. I Gasterópodos. Thalassas. Revista de ciencias del mar, Vol. 1, Nº 1 Anexo 1. ISBN 84-3089-578-4. Rolán, E. e J. Otro-Schmith (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Borrachas Lista de gasterópodos de Galicia

Ligazóns externas MondoMarino.net - Fotos

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia