Alonso é un nome masculino e apelido castelán de orixe xermana. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). No castelán deu Alonso, no francés Alphonse (e de aí veu a súa reintrodución ó castelán como Alfonso, trala entronización dos Borbóns en España) e no galego e no portugués Afonso. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente a forma castelanizada ca a propia Boullón Agrelo, A. I. / F. R. Tato Plaza (1999): Alonso e Montero: estudio antroponímico, en R. Álvarez / Dolores Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Univ. de Santiago de Compostela. Santiago, vol. I, 265-293. <http://books.google.es/books?id=kh2FFzCqBgUC&pg=PA265&hl=es&source=gbs_toc_r&cad=4#v=onepage&q&f=false>.
Ao se tratar dun patronímico moitos fidalgos colleron como apelido o nome de sei pai, polo que todos os Alonso non teñen a mesma orixe. As orixes máis antigas fican en Burgos, Asturias e Galicia. De aí se estenderon ao resto da península na reconquista e de aí a América. As rexións con máis concentración de Alonsos son Asturias e Cantabria.
Persoeiros galegos Nome Alonso II de Fonseca, Alonso de Acevedo e Fonseca (? - † Santiago de Compostela 1512 ), foi arcebispo de Santiago de Compostela durante o século XV. Alonso III de Fonseca, Alonso de Fonseca e Ulloa, (Santiago de Compostela en 1475), relixioso galego, arcebispo de Compostela e de Toledo. Afonso de Lanzós nobre e dirixente irmandiño do século XV.
Apelido Xesús Alonso Montero, ensaísta , membro da RAG e do CCG e catedrático de Literatura galega, nado en Vigo en 1928. Antón Alonso Ríos, Antón Hipólito Alonso Ríos, mestre, escritor, líder agrarista e político galego nado en Camporrapado, Cortegada , Silleda en 1887 e finado en 1980. Fran Alonso, Francisco Alonso Villaverde, escritor e filólogo galego, nado en Vigo en 1963. Eduardo Alonso, Eduardo Alonso Rodríguez, director teatral e enxeñeiro técnico naval nado en Vigo en 1948. Eliseo Alonso, Eliseo Alonso Rodríguez, escritor galego en galego e castelán, nado en Goián (Tomiño) en 1924 e finado na Habana en 1996. Pedro Alonso, actor galego nado en Vigo en 1972. Luís Alonso Girgado, editor, escritor, investigador e tradutor galego nado en Ferrol en 1946. Xurxo Alonso, pintor e escritor galego nado en Bos Aires, Arxentina, en 1956.
Outros persoeiros Nome Alonso García, bispo de Palencia (España) durante os anos 1265-1276. Alonso Berruguete, escultor castelán do manierismo , nado en Toledo en 1490. Alonso de Palencia (1423-1492), escritor español. Alonso de Cervantes poeta español do século XV. Alonso de Arellano, explorador español do século XVI. Martín Alonso Pinzón (1441-1493), co-descubridor de América. Alonso Ortiz (¿?-1503), escritor español da prerrenacenza. Hernando Alonso de Herrera (1460-1527), humanista español. Alonso de Ojeda (1468-1515), descubridor do lago de Maracaibo. Alonso Suárez de la Fuente del Sauce, bispo de Xaén (España) durante os anos 1500-1520. Alonso Fernández de Lugo (¿?-1525), conquistador das Illas Canarias. Alonso Álvarez Guerrero, poeta español da Renacenza. Alonso de Santa Cruz, cronista dos Reis Católicos e do rei Carlos I de España. Alonso de Salazar, explorador español do século XVI Alonso Lobo de Medina Sidonia (1510-1593), relixioso franciscano español. Alonso Mudarra (1510-1580) músico español. Alonso de Bárcena ou de Barzana (1528-1598), misioneiro xesuíta español. Alonso Sánchez Coello, pintor valenciano. Alonso de Ercilla (1533-1594), escritor de La Araucana. Alonso Anguiciana de Gamboa, gobernador da Costa Rica do 1573 ao 1577. Alonso López el Pinciano (1547-1627), médico e poeta español. Alonso Puerta, político español. Alonso García Ramón (1552-1610), gobernador do Reino de Chile. Alonso de Barros (1552-1604), escritor español. Alonso Lobo (1555-1617), compositor español. Alonso de Ribera (1560-1617]], gobernador do Reino de Chile. Alonso Correque caudillo indíxena da Costa Rica a finais do século XVI. Alonso Cano (1601-1667), artista español do barroco. Alonso Álvarez de Soria el Tuerto (¿?-1604), poeta español. Alonso Alegría (1940-), dramaturgo peruano. Alonso Cano, pintor e arquitecto español, nado en Granada en 1601.
Apelido Alberto Alonso, actor español. Alejandro Alonso, escritor de ciencia ficción arxentino. Alfredo Alonso, executivo dos medios de comunicación cubano-estadounidense Alfonso Alonso Aranegui, alcalde de Vitoria (País Vasco). Alicia Alonso, bailarina cubana. Amado Alonso, filólogo e lingüista hispano-arxentino. Anabel Alonso, actriz española. Bruno Alonso González, militante do PSOE que durante a Guerra Civil Española foi Comisario da Frota Republicana. Carlos Alonso González Santillana, futbolista do Real Madrid. Cecilio Alonso, xogador de balonmano español. Clara Alonso, modelo española. Dámaso Alonso, poeta, filólogo e crítico literario español. Daniella Alonso, actriz estadounidense. Diego Alonso, futbolista uruguaio. Edu Alonso, futbolista español. Ernesto Alonso, cineasta mexicano. Fernando Alonso, piloto asturiano de Fórmula 1. Gabriel Alonso Aristeaguirre, foi un futbolista vasco, nado en Hondarribia (Gipúscoa). Gabriel Alonso de Herrera, agrónomo e naturalista español. Iván Alonso, futbolista uruguaio. Joaquín Alonso, futbolista asturiano do Real Sporting de Gijón. Jorge Barbi Alonso, pintor surrealista español. José Antonio Alonso Conesa, alcalde de Cartaxena español. José Antonio Alonso Suárez, ministro de defensa español. José Luis Alonso de Santos, dramaturgo español. Juanito Alonso, futbolista español. Julián Alonso, extenista español. Laz Alonso, actor cubano-estadounidense. Manuel Alonso Martínez, xurista español. Manuel A. Alonso, escritor e médico portorriqueño. Marcos Alonso, xogador e adestrador de fútbol español. María Clara Alonso, actriz, cantante, bailarina e condutora arxentina. María Conchita Alonso, actriz venezolana. Miguel Alonso Gómez, compositor español. Mikel Alonso, futbolista español. Noel Alonso, futbolista español Norberto Beto Alonso, futbolista arxentino. Osvaldo Alonso, futbolista cubano. Pedro Luis Alonso Jiménez, alcalde de Málaga e procurador nas Cortes Españolas. Ángel Pichi Alonso Herrera, futbolista español. Tomás Alons, Tomás Alonso de Armiño y Calleja , político castelán nado en 1881. Victorino Alonso García, empresario español, propietario das dúas principais empresas da minaría do carbón. William Alonso, planificador e economista arxetino-estadounidense Xabi Alonso, exfutbolista español.
Toponimia Alonso , municipio da provincia de Matanzas en Cuba. Casas de Fernando Alonso (Teatinos), municipio da provincia de Cuenca, España.
Miscelánea Alonso Quijano, O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha. Marquesado de Alonso Martínez, título nobiliario español creado en 1891.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alfonso Afonso
Categoría:Apelidos casteláns