Country House é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur. Foi editada como sinxelo principal do seu uarto álbum, The Great Escape, o 14 de agosto de 1995. "Country House" foi o primeiro dos dous sinxelos de Blur que acadaron o número 1 da lista británica de sinxelos (o segundo sería "Beetlebum" en 1997).
A canción fala sobre un home que se retira a unha cara casa no campo para escapar das presións da cidade. Nunha entrevista para o programa South Bank Show, Damon Albarn explicou que se inspirou no antigo representante da banda Dave Balfe, que deixou o selo Food Records e mercou unha casa no campo. A portada é unha fotografía do castelo de Neuschwanstein en Baviera.
Listaxe de cancións 7" e casete "Country House" "One Born Every Minute"
CD1 "Country House" "One Born Every Minute" "To The End (la comedie)" Features an extended outro, starts at 3:45
CD2: Blur Recorded Live from Mile End Stadium "Country House" (live) "Girls & Boys" (live) "Parklife" (live) "For Tomorrow" (live)
CD Xapón "Country House" "One Born Every Minute" "To The End (la comedie)" Features an extended outro, starts at 3:45 "Charmless Man"
Categoría:Sinxelos de 1995 Categoría:Cancións de Blur