thumb|Manuscrito bizantino do século XI no que escrito o xuramento hipocrático en forma de xiringa. Biblioteca Vaticana.
O xuramento hipocrático é un xuramento público que fan os que van empezar as súas prácticas con pacientes ou se gradúan en medicina, enfermaría, odontoloxía e outras persoas da área da saúde. Faise ante outros médicos, doutores, e ante a comunidade. O seu contido é carácter ético, para orientar a práctica do oficio.
Durante case dous mil anos a medicina occidental e árabe estivo dominada teoricamente por unha tradición que, remontándose ao médico grego Hipócrates (século V a.C.), adoptou a súa forma definitiva da man de Galeno, un grego que exerceu a medicina na Roma imperial no século II. Segundo a tradición, foi redactado por Hipócrates ou por un discípulo seu. O certo é que forma parte do corpus hipocraticum, e pénsase que puido ser obra dos pitagóricos.
Segundo Galeno, Hipócrates creou o xuramento cando empezou a instruír, apartándose da tradición dos médicos de oficio, a aprendices que non eran da súa propia familia.
No período clásico da civilización grega sobresaiu a arte de curar. Aínda que seguía contemplando principios relixiosos, a curación xa non estaba orientada pola maxia, senón polo clínico. Nesta época redactouse o primeiro escrito ético relacionado co compromiso que asumía a persoa que decidía curar ao próximo: o compromiso do médico era actuar sempre en beneficio do ser humano, e nunca prexudicalo.
Os escritos de Galeno foron o fundamento da instrución médica e da práctica do oficio até finais do século XIX. A partir do Renacemento, época caracterizada pola veneración da cultura grecolatina, o xuramento empezou a usarse nalgunhas escolas médicas, e este costume foise ampliando despois a moitos países, aínda que é completamente ignorada en moitos.
A pesar de que só teña na actualidade un valor histórico e tradicional, alí onde se pronuncia, o tomalo está considerado como un rito de iniciación despois da graduación, e previo ao ingreso á práctica profesional da medicina.
O contido do xuramento adaptouse moitas veces ás circunstancias e conceptos éticos dominantes de cada sociedade. O xuramento hipocrático actualizouse pola Declaración de Xenebra de 1948. Tamén existe unha versión, moi utilizada actualmente en facultades de Medicina de países anglosaxóns, redactada en 1964 polo doutor Louis Lasagna.
Texto do xuramento hipocrático clásico
Texto orixinal grego:
Uso moderno e relevancia
O xuramento hipocrático modificouse varias veces, en diferentes países, ao longo da historia. Unha das revisións máis importantes é a Declaración de Xenebra, redactada por primeira vez en 1948 pola Asociación Médica Mundial; desde entónces revisouse varias veces.
Aínda que no existe ningunha obriga legal para os estudantes de medicina de facer un xuramento ao graduárense, o 98 % dos futuros médicos estadounidenses fixeron algunha forma de xuramento, contra só o 50 % dos estudantes de medicina británicos.
A gran maioría das fórmulas de xuramentos ou declaracións xuradas para os médicos foron modificadas e modernizadas. Nunha enquisa de 1989 en 126 facultades de medicina, só 3 notificaron que nelas se realizaba o xuramento orixinal, mentres que 33 utilizaran a declaración de Xenebra, 77 usaran un xuramento hipocrático modificado, 4 empregaran a oración de Maimónides, unha utilizara un pacto, 8 utilizaran outros xuramentos, unha utilizara un xuramento descoñecido e dúas non utilizaran ningún tipo de xuramento (e 7 non responderon á enquisa)
En Francia é común para os novos graduados médicos firmar un xuramento.Kaji Sritharan, Georgina Russell, Zoe Fritz, Davina Wong, Matthew Rollin, Jake Dunning, Philip Morgan, e Catherine Sheehan (2000): "Medical oaths and declarations", BMJ, decembro de 2000. Consultada o 21/09/2012 Consultada o 21/09/2012.
Algúns suxeriron que debería implantarse un xuramento similar para os científicos, un xuramento hipocrático para os científicos.
Versión do xuramento hipocrático da Convención de Xenebra
Houbo varios intentos de adaptación do xuramento hipocrático ao longo da historia.
En 1945, redactouse un xuramento hipocrático na Convención de Xenebra, co texto seguiente:Declaración de Xenebra. (Texto en castelán e inglés) Consultada o 21/09/2012.
Versión do xuramento hipocrático (ou pacto) de Louis Lasagna
Unha versión do xuramento moi utilizada actualmente, sobre todo en países anglosaxóns, é a versión redactada en 1964 polo doutor Louis Lasagna, decano da Facultade de Medicina da Universidade Tufts.A Unicersidade Tufts (Tufts University en idioma inglés) é unha das principais universidades privadas dos Estados Unidos, que se encontra nas localidades de Medford e Somerville, preto de Boston, Massachusetts. O texto, na súa tradución galega, di así:
Notas
Véxase tamén Bibliografía Farnell, Lewis Richard (2004): Greek Hero Cults and Ideas of Immortality. Kessinger Publishing ISBN 1-4179-2134-X
Outros artigos Aborto Esculapio Ética Eutanasia Galeno Hipócrates Medicina
Ligazóns externas Consejos de Esculapio para quienes piensan ser médicos Artigo en Wikisource . Consultado o 21/09/2012. Hippocratis jusiurandum Imaxe de 1595 do xuramento hipocrático na versión orixinal grega e a tradución latina en páxinas enfrontadas. Consultada o 21/09/2012. Xuramento hipocrático. Versións orixinal e moderna. Consultada o 21/09/2012.
Categoría:Ética Categoría:Medicina Categoría:Historia da medicina
hu:Hippokratész#A hippokratészi eskü