O Hockey Club Donbass (en ucraíno Хокейний Клуб Донбас ou Khokeinyi Klub Donbas) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Donetsk (Ucraína). Dende a tempada 2012-13 compite na Kontinental Hockey League (KHL), sendo o único representante ucraíno da elite internacional do hóckey sobre xeo. Xoga os seus partidos como local no Druzhba Palace of Sports, un pavillón con capacidade para 4.130 espectadores, aínda que no futuro un novo estadio con capacidade para 18.000 espectadores acollerá os seus partidos como local.http://www.hcdonbass.com/home/news/news/18563?lang=ru.
O equipo recibe o seu nome da súa localización xeográfica no corazón do Bacia Donets (Donbas).
Palmarés 1 Campionato Ucraniano: 2011
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Donbass Donbass