O engo ou sabugueiriñoO único nome en publicacións técnicas recentes aceptado é sabugueiriño. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009, (Sambucus ebulus) é unha especie herbácea das caprifoliáceas, nativas do sur e centro da Europa e do suroeste de Asia, semellante ao sabugueiro (co que comparte xénero: Sambucus) mais coas follas máis estreitas e longas que despiden un cheiro fétido. Aparece en Galiza onde tamén se coñece polo nomes de irgo, nabo naveao ou sabuguiño.

Descrición Medra até os 2 m de altura, con talos erectos, usualmente simples, que xorden de rizoma reptante. As follas son opostas, con estípulas, de 5-16 x 1-4,5 cm e formadas por 5-13 folíolos de beiras serradas. Florece en maio-agosto, cando o talo remata nunha inflorescencia corimbosa, de flores brancas ou rosaceas, de 5–16 cm de diámetro. Froito en baga negra.

Etimoloxía Engo e irgo son verbas cognatas do castelán yezgo, asturiano yeldu, dunha variante *educu do galo edocos.Coromines, Joan (1997) Breve diccionario etimologico de la lengua castellana. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-473-5862-5. p. 586 O nome sabugueiriño é o máis normativo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sambucus (xénero) Sabugueiro Bibliografía García Martínez, Xosé Ramón (2008) Guía das plantas de Galicia Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-939-7.

Categoría:Sambucus Categoría:Flora de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné