Dr. John Emmanuel Cortes, MBE, é un ecoloxista, zoólogo, xuíz de paz e deputado xibraltareño, membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar. Está casado e ten dous fillos.
Biografía Cortes fundou a Unión dos Estudantes de Xibraltar. En 1976, tornouse o primeiro secretario xeral da Gibraltar Ornithological & Natural History Society (GONHS), e desde 1991, director do Xardín Botánico de Xibraltar, cargos que mantivo ata 2011.
Entre 1983 e 1991, foi tamén servidor público, tendo chegado ao posto de Director Xeral da Autoridade de Saúde de Xibraltar.
É tamén un xuíz de paz e foi elixido presidente da Asociación dos Maxistrados de Xibraltar o 2009.
En decembro de 2011, coa súa elección para o Parlamento de Xibraltar, renunciou a todas as súas outras funcións públicas, sendo nomeado ministro da Sanidade e Medio ambiente polo ministro xefe, Fabian Picardo.
Vida académica Cortes formouse en ecoloxía en Londres, e doutorouse por Oxford, o 1983.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas John Cortes - Páxina web oficial
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Políticos de Xibraltar Categoría:Nados en Xibraltar