miniatura|250px|Museo en Fjaerland, Noruega Sverre Fehn nado en Kongsberg (Noruega) o 14 de agosto de 1924 e finado o 23 de febreiro de 2009, foi un arquitecto noruegués.

Recibiu a súa curta formación da arquitectura logo da segunda guerra mundial en Oslo, e axiña converteuse no líder dos arquitectos da súa xeración.

Á idade de 34 anos gañou o seu recoñecemento internacional grazas ao deseño do Pavillón de Noruega na Exposición Universal de Bruxelas de 1958. Nos sesenta fixo dous traballos que marcarían dous cumes na súa carreira: o Pavillón Nórdico na Biennale de Venecia e o Museo Hedmark en Hamar, Noruega.Foi profesor na Escola de Arquitectura de Oslo entre 1971 e 1995.

Pero o momento máis importante da súa carreira coma arquitecto chega cando é galardoado co Premio Pritzker da Arquitectura no ano 1996 e coa Medalla de Ouro Heinrich Tessenow.

Principais proxectos

Casa de anciáns de Økern en Oslo (1955), en colaboración con Geir Grung Pavillón de Noruega na Exposición Internacional de Bruxelas (1958) Pavillón dos Países Escandinavos na Bienal de Venecia (1962) Escola Skådalen en Oslo 81971-77) Casa Brick en Baerum (1986) Casa Kise en Skien (1987-90) Casa Busk en Bamble (1990) Norsk Bremuseum, Museo do Glaciar en Fjaerland, Noruega (1991) Casa Eco en Norrköping en Suecia (1991-92) Museo de Aukrust en Alvdal (1995) Centro de Ricerca del Museo de Ghiacciai en Finlandia (1995) Centro Ivar Aasen en Ørsta (2000) Museo da Fotografía en Horten (2001)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Arquitectos de Noruega Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados no condado de Buskerud Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2009