O Gran Premio do Reino Unido de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 18 de xullo de 1959 no Circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de de Fórmula Un. Foi 14º Gran Premio do Reino Unido e a terceira que se celebrou no Circuíto de Aintree, un circuíto trazado nos terreos da Aintree Racecourse hipódromo de carreiras de cabalos. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros, cunha distancia de carreira de 362 quilómetros.
Informe
miniatura| left | 280px | O BRM P25 do equipo BRP que Stirling Moss levou ao segundo posto no GP de Gran Bretaña de 1959, primeiro podio de BRP A carreira foi gañada polo australiano Jack Brabham, logrando a súa segunda vitoria nun Gran Premio nun Cooper T51 de fábrica. Brabham dominou a carreira, liderando as 75 voltas para gañar por 22 segundos sobre o piloto británico Stirling Moss pilotando un BRM P25 do equipo British Racing Partnership. Era a primeira vez que BRP terminaba entre os tres primeiros. O compañeiro de Brabham en Cooper, o neozelandés Bruce McLaren terminou en terceiro lugar, a só 0´2 segundos por detrás de Moss, logo de perder a segunda posición ao final da carreira. Harry Schell terminou en cuarto lugar para o equipo Owen Racing Organisation con BRM, unha volta detrás de Brabham.
O Gran Premio de Inglaterra tivo a maior participación da tempada, agás da Indianápolis 500, con 30 coches na cualificación e 24 na grella de saída, a pesar da ausencia de Ferrari. As folgas en Italia atraparon ao equipo en casa, deixando sós aos equipos británicos loitando pola carreira. O novo líder de Ferrari, o piloto Tony Brooks, comezou a carreira nun Vanwall, pero foi o primeiro en retirarse na 13ª volta, despois de saír nun modesto 17º lugar, logo de gañar o Gran Premio de Francia de 1959 un par de semanas antes.
Coa vitoria, Brabham ampliou a súa vantaxe en puntos sobre Brooks, a 13 puntos. Moss e McLaren situaronse no 4º posto, só medio punto por detrás do ausente Phil Hill.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 12 Jack Brabham Cooper-Climax 75 2:30:11.6 1 8 2 6 Stirling Moss BRM 75 + 22.2 7 6´5 3 16 Bruce McLaren Cooper-Climax 75 + 22.4 8 4´5 4 8 Harry Schell BRM 74 + 1 volta 3 3 5 18 Maurice Trintignant Cooper-Climax 74 + 1 volta 4 2 6 2 Roy Salvadori Aston Martin 74 + 1 volta 2 7 14 Masten Gregory Cooper-Climax 73 + 2 voltas 5 8 30 Alan Stacey Lotus-Climax 71 + 4 voltas 12 9 28 Graham Hill Lotus-Climax 70 + 5 voltas 9 10 48 Chris Bristow Cooper-Borgward 70 + 5 voltas 16 11 58 Henry Taylor Cooper-Climax 69 + 6 voltas 21 12 52 Peter Ashdown Cooper-Climax 69 + 6 voltas 23 13 46 Ivor Bueb Cooper-Borgward 69 + 6 voltas 18 Ret 4 Carroll Shelby Aston Martin 69 Encendido 6 Ret 40 Fritz d'Orey Maserati 57 Accidente 20 Ret 42 Ron Flockhart BRM 53 Trompo 11 Ret 38 Jack Fairman Cooper-Climax 39 Caixa de cambios 15 Ret 10 Jo Bonnier BRM 37 Freos 10 Ret 22 Ian Burgess Cooper-Maserati 31 Transmisión 13 Ret 24 Hans Herrmann Cooper-Maserati 21 Caixa de cambios 19 Ret 64 David Piper Lotus-Climax 19 Temperatura 22 Ret 36 Brian Naylor JBW-Maserati 18 Transmisión 14 Ret 50 Mike Taylor Cooper-Climax 17 Transmisión 24 Ret 20 Tony Brooks Vanwall 13 Encendido 17 NSC 54 Keith Greene Cooper-Climax NSC 56 Bill Moss Cooper-Climax NSC 60 Mike Parkes Fry-Climax NSC 62 Dennis Taylor Lotus-Climax NSC 44 Trevor Taylor Cooper-Climax NSC 66 Tim Parnell Cooper-Climax
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 27 10px 2 Tony Brooks 14 10px 3 Phil Hill 9 10px 12 4 Stirling Moss 8.5 10px 5 5 Bruce McLaren 8.5
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Cooper-Climax26 10px 2 Ferrari16 10px 3 BRM14 10px 4 Lotus-Climax3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas
(Resultados da carreira e estatísticas)
Reino Unido Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1