O Gran Premio de Italia de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de setembro de 1959 no circuíto de Monza. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de . Foi o 30º Gran Premio de Italia e o 24, que se celebrou en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 72 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia total de carreira de 414 quilómetros.
Informe da carreira
A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Cooper T51 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss gañou por 46 segundos sobre o piloto americano Phil Hill que pilotaba un Ferrari Dino 246 da Scuderia Ferrari. O líder do campionato o australiano Jack Brabham terminou terceiro nun Cooper de fábrica modelo T51, ampliando a súa vantaxe nos puntos, pero non o suficiente como para evitar un enfrontamento polo campionato con Moss e o piloto de Ferrari Tony Brooks na última carreira da tempada, o GP dos Estados Unidos.
O peso dos coches foi foi o factor decisivo para gañar a carreira, Stirling Moss gañou a carreira sen ter que cambiar os pneumáticos do seu coche, o pequeno e lixeiro Cooper, aínda que fixo unha parada en boxes. Stirling fixo unha carreira prudente, confiando en que os pilotos de Ferrari necesitarian entrar en boxes. Tony Brooks fixo unha boa saída, pero un fallo nun pistón eliminouno na primeira volta. Graham Hill e Dan Gurney lideraron a carreira, pero perderon as súas vantaxes logo dunhas longas paradas en boxes. Moss continuou liderando a unha velocidade media de 200 quilómetros por hora, unha nova marca. Phil Hill foi o segundo con Ferrari no seu circuíto, e os seus compañeiros de Ferrari foron 4-5-6 nesta orde, Gurney, Cliff Allison e Olivier Gendebien.
A vitoria de Moss pechou a brecha no campionato a só 5 puntos e medio por detrás de Jack Brabham e Brooks a oito puntos detrás de Brabham. Os esforzos combinados de Brabham, Moss, Maurice Trintignant, Bruce McLaren e Masten Gregory conseguiron o campionato de construtores para Cooper Car Company.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 14 Stirling Moss Cooper-Climax 72 2:04:05.4 1 8 2 32 Phil Hill Ferrari 72 + 46.7 5 7 3 12 Jack Brabham Cooper-Climax 72 + 1:12.5 3 4 4 36 Dan Gurney Ferrari 72 + 1:19.6 4 3 5 34 Cliff Allison Ferrari 71 + 1 volta 8 2 6 38 Olivier Gendebien Ferrari 71 + 1 volta 6 7 2 Harry Schell BRM 70 + 2 voltas 7 8 6 Jo Bonnier BRM 70 + 2 voltas 11 9 16 Maurice Trintignant Cooper-Climax 70 + 2 voltas 13 10 26 Carroll Shelby Aston Martin 70 + 2 voltas 19 11 40 Colin Davis Cooper-Maserati 68 + 4 voltas 18 12 10 Giorgio Scarlatti Cooper-Climax 68 + 4 voltas 12 13 4 Ron Flockhart BRM 67 + 5 voltas 15 14 42 Ian Burgess Cooper-Maserati 67 + 5 voltas 16 15 28 Giulio Cabianca Maserati 64 + 8 voltas 21 Ret 24 Roy Salvadori Aston Martin 44 Motor 17 Ret 8 Bruce McLaren Cooper-Climax 22 Motor 9 Ret 22 Jack Fairman Cooper-Maserati 18 Motor 12 Ret 20 Innes Ireland Lotus-Climax 14 Freos 14 Ret 18 Graham Hill Lotus-Climax 1 Embrague 10 Ret 30 Tony Brooks Ferrari 0 Embrague 2
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 31 10px 1 2 Stirling Moss 25.5 10px 1 3 Tony Brooks 23 10px 4 Phil Hill 20 10px 3 5 Dan Gurney 13
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Cooper-Climax38 (45) 10px 2 Ferrari32 (34) 10px 3 BRM18 10px 4 Lotus-Climax3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Ligazóns externas
Clasificación
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1959 Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1