Vicente Lobit Rodríguez, finado en Burgos en novembro de 1882,Diario Oficial de Avisos de Madrid, 27-11-1882, p. 3. foi un médico e político galego.

Traxectoria Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ourense en 1843 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1854. Foi o primeiro presidente do Liceo de Ourense (1850). No Sexenio Democrático presidiu a Xunta Revolucionaria de OurenseHistoria de Barbadás, foi nomeado gobernador civil de Pontevedra e o 2 de xaneiro de 1869 presidente da Deputación de Pontevedra. En febreiro de 1869 foi nomeado gobernador civil de Palencia e en setembro de León; en 1871 de Toledo e despois de Valladolid e en 1874 de Valencia.

Notas

Categoría:Gobernadores civís de Palencia Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Gobernadores civís de Toledo Categoría:Gobernadores civís de Valladolid Categoría:Gobernadores civís de Valencia Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1882 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades sen imaxes