A AC-542 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Betanzos e O Mesón do Vento (Ordes); atravesa os concellos de Betanzos, Abegondo, Carral e Ordes. Ten unha lonxitude de 21,39 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-840 en Betanzos e finaliza nun cruzamento coa N-550 no Mesón do Vento (Ordes).
Percorrido
A estrada inicia o seu percorrido en Betanzos, proseguindo por Abegondo e finalmente no Mesón do Vento (Ordes).
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Betanzos Categoría:Abegondo Categoría:Carral Categoría:Ordes