Salvador del Río Pérez nado en Moaña en 1966, é un actor, autor, director e iluminador galego.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no teatro desde moi novo ligado ao grupo de Teatro Aurín e a compañía de teatro profesional Teatro de Ningures. Actor en numerosas compañías de teatro profesional galegas, actor en series de televisión e cine. Foi director das seis primeiras edicións do MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) e director técnico do Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas desde 1998. Traballou tamén en numerosas series e producións audiovisuais.
Obras 1987. Belerian. O faiado das aventuras. Salvador del Río; Pedro Pablo Riobó; Marcos Viéitez; Revista Galega de Teatro, nº 23, 2000.
Dirección teatral 1994. A gata sobre o tellado de zinc quente, para Teatro Aurín. 1999. Morde-me, para IES María Soliño. 1999. Ñaque, ou de piollos e actores, para Llullu Teatro. 2000. Os figurantes, para IES María Soliño. 2001. O circo enmeigado, para Llullu Teatro. 2002. O principiño, para Teatro de Ningures. 2002. Roberto Zucco, para a Aula de Teatro da Universidade de Vigo. 2003. Supertot, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo. 2004. Morde-me, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo. 2005. Pic-nic, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo. 2006. Gordiñas, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo. 2007. Nosa señora das nubes, para Aula de Teatro da Universidade de Vigo.
Como actor 1982. Dos arquivos do trasno, con Teatro Aurín. 1984 Pequena farsa dos amores desencontrados, con Teatro Aurín. 1984. O triángulo ateo, con Teatro Aurín. 1985. Os anxos e o sangue, con Teatro Aurín. 1987. Belérian. O faiado das aventuras, con Teatro Aurín. 1988. Máis cine, por favor, con Teatro Aurín. 1990. O tendal, con Teatro Aurín. 1991. Así é se vos parece, co Centro Dramático Galego. 1991. Elektra, con Teatro de Ningures. 1991. O incerto señor don Hamlet, co Centro Dramático Galego. 1992. Crónica de Pantagruel, con Teatro de Ningures. 1993. O polbo, con Teatro de Ningures. 1994. Macbett, con Producións Teatrais do Sur. 1995. Tic-Tac, con Teatro de Ningures. 1996. Como en Irlanda, co CDG. 1996. Terra de Lobos, con Teatro de Ningures e Centro Dramático de Viana (Portugal) 1997. O bufón e El Rei, co CDG. 1997. O peregrino errante que cansou ó demo, co CDG. 1998. Lugar común, con Teatro de Ningures. 1999. Memoria de Antígona, co CDG. 1999. Morte accidental dun anarquista, con Teatro do Morcego. 2000. A Branca Rosa, con Teatro do Morcego. 2000. Momo, con Teatro do Morcego. 2001. A cacatúa verde, co CDG. 2001. Fausto, con Teatro de Ningure. 2001. Os vellos non deben de namorarse, con Teatro do Morcego. 2002. Círculo, con Teatro de Ningures. 2002. A gran ilusión, con Teatro do Morcego. 2004. O caso da rúa Lourcine, con Teatro do Morcego. 2004. Defensa de dama, con Compañía de Teatro Balea Branca. 2004. Un tranvía de nome desexo, con Compañía de Teatro Balea Branca. 2004. Troianas, con Teatro de Ningures. 2005. Tartufo, con Teatro de Ningures. 2006. Misericordia, con Teatro de Ningures. 2007. Emigrados, con Teatro de Ningures.
Series de televisión Todas na TVG: Maridos e mulleres Terra de Miranda Rías Baixas Galicia exprés Pratos Combinados Mareas vivas A vida por diante As leis de Celavella Matalobos
Cine Hotel Danubio, dir: Giménez Rico. O lapis do carpinteiro, dir: Antón Reixa. Heroína, dir: Gerardo Herrero. Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, dir: Simón Casal.
Véxase tamén Bibliografía Catálogo de dramaturgos galegos, 1973-2004, VV.AA.; CDEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, Santiago de Compostela, 2005. Como en Irlanda, IGAEM, 1996, Santiago de Compostela. A cacatúa verde, IGAEM, 2001, Santiago de Compostela. O peregrino errante que cansou ó demo, IGAEM, 1997, Santiago de Compostela. Ligazóns externas Ficha en IMDb Ficha en culturagalega.org
Categoría:Actores de Moaña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes