Jean Denys Cochin, nado en París o 14 de xullo de 1789 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1841, foi un avogado francés.
Traxectoria Foi nomeado alcalde en 1826 do distrito XII de París, no que abundaban os nenos de familias pobres. Co fin de remediar esta situación alugou dúas salas para situar sendas escolas. En 1827 fixo construír unha escola con dúas aulas de ensino primario, de acordo co sistema de ensino mutuo, e outra de párvulos. Xunto a elas crearíase unha escola normal para a formación de mestras de salas de asilo baixo a dirección de Mme. Milet. En 1828 cedeulle dita escola á cidade de París aínda que seguise baixo a súa dirección. Así mesmo lideraría un movemento en favor das salas de asilo das que chegou a haber dezanove en París en 1835. O que quería conseguir Jean Denys Cochin era procurar gratuitamente ou con poucos gastos facilidades considerables para o benestar da poboación.
Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Nados en 1789 Categoría:Finados en 1841