BeBe & CeCe Winans é un dúo de irmáns estadounidenses cantantes de música gospel, BeBe (Benjamin) e CeCe (Priscilla) formado en Detroit, Míchigan.
Carreira musical Mentres BeBe e CeCe estaban na escola, catro dos seus irmáns máis vellos formaron o grupo musical gospel de éxito The Winans. Inicialmente coñecidos como The Winans Part II, BeBe e CeCe apareceron por primeira vez ós ollos do público en 1982 como parte do grupo musical The PTL Singers na televisión cristiá The PTL Club Show. Eles foron introducidos por Jim Bakker, e gravaron o seu primeiro álbum "Lord Lift Us Up" como un dúo para PTL Records.
Heaven Co lanzamento do seu segundo LP Heaven, que se mantivo popular entre audiencia, xerando 12 sinxelos de éxito de R&B e dous sinxelos n° 1, o dúo converteuse no primeiro evanxélico en ver o seu álbum chegar ó primeiro lugar en vendas nas listas da Billboard en 1988. A canción que titulou o álbum tamén chegou ó número 12 nas listas de sinxelos Billboard R&B.
Outros éxitos do álbum inclúen "Lost Without You" e "Celebrate New Life."
O álbum alcanzou o R&B Top Ten, e acadou o número 95° nas listas de música pop, conseguindo a certificación de Ouro.RIAA - Recording Industry Association of Ámerica - May 29, 2008
Carreiras en solitario En 1995, separáronse oficialmente para traballar nas súas carreiras en solitario e noutras áreas do seu interese. Ámbolos dous artistas pasaron a ter carreiras de éxito, recibindo numerosos premios e eloxios. Até a data, Bebe Winans lanzou seis álbums en solitario, mentres que CeCe Winans lanzou oito.
BeBe e CeCe Winans gravaron dúas veces como dúo durante esta pausa (antes de reunirse para o álbum de 2009 "Still") - "What A Child", un dueto no álbum CeCe 's Christmas His Gift e "Tonight Tonight", un dueto con Bebe nun álbum de 2000 do Love & Freedom.
Premios e homenaxes BeBe e CeCe Winans gañaron tres premios Grammy, nove GMA Dove Awards, dous premios NAACP Image Awards, dous Soul Train Music Awards, numerosas Stella Awards, tres álbums de Ouro, é un álbum de platino.
Grammy Awards 1991: Best Contemporary Soul Gospel Álbum – Different Lifestyles 2010: Best Gospel Performance – “Grace” 2010: Best Contemporary R&B Gospel Álbum – Still
GMA Dove Awards 1988: New Artist of the Year 1990: Group of the Year 1990: Pop/Contemporary Álbum – Heaven 1990: Pop/Contemporary Song – “Heaven” 1990: Contemporary Gospel Song – “With My Whole Heart” 1992: Group of the Year 1992: Contemporary Gospel Song – “Addictive Love” 1998: Contemporary Gospel Song – "Up Where We Belong" 2010: Urban Recorded Song – “Close To You”
NAACP Image Awards 1990: Best Gospel Artist 1992: Best Gospel Artist
Soul Train Music Awards 1990: Best Gospel álbum – Heaven 1992: Best Gospel álbum – Different Lifestyles
Discografía BeBe & CeCe Winans 1984: Lord Lift Us Up (PTL) 1987: BeBe & CeCe Winans (Sparrow/Capitol) 1988: Heaven (BeBe & CeCe Winans álbum)|Heaven (Sparrow/Capitol) 1991: Different Lifestyles]] (Sparrow/Capitol) 1993: First Christmas (Sparrow/Capitol) 1994: Relationships (Sparrow/Capitol) 1996: Greatest Hits (Sparrow/EMI) 2006: The Best Of BeBe And CeCe (Sparrow) 2009: Still (B&C/ Malaco)CeCe Winans Website
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas BeBeWinans.net - The official BeBe Winans Internet site CeCeWinans.com - The official CeCe Winans Internet site
Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Grupos musicais de Detroit Categoría:Grupos musicais formados en 1982