miniatura|Liña de meta na edición de 2008.

O Maratón Internacional de Praga, coñecido por motivos de patrocinio por Volkswagen Prague Marathon celébrase anualmente na cidade de Praga (República Checa). A competición naceu en 1995 e medrou ata converterse nun importante maratón, conseguindo o status de IAAF Gold Label. De acordo cos medios de comunicación, é o maratón máis internacional do mundo, con dous terzos dos seus corredores procedentes de 55 países. O maratón de Praga é tamén o sétimo máis rápido e foi votado como o máis fermoso do mundo.

O Maratón de Praga ten lugar durante unha fin de semana completa e comprende varios eventos, incluíndo o Volkswagen Prague Marathon, o Volkswagen Family Minimarathon 4,2 km, o Allianz Eco Walk 2 km, e o evento de patinaxe In-line party de 6,5 km. O Hervis Prague Half Marathon, que tamén ten o status IAAF Gold Label, celébrase cada mes de marzo ou abril.

Dende a súa creación en 1995, a carreira masculina foi dominada polos atletas do leste de África, en particular cos atletas kenyatas, que gañaron un total de 13 títulos. O portugués Hélder Ornelas converteuse no primeiro e único europeo en gañar o Maratón de Praga en 2007. As campioas da carreira proceden principalmente de Rusia e Kenya, sendo a belarusa Elena Vinitskaya a corredora con máis vitorias da historia da carreira con tres vitorias consecutivas entre 1996 e 1998. Eliud Kiptanui é o atleta que posúe na actualidade o récord masculino cunha marca de 2:05:39 horas, mentres que Lydia Cheromei posúe o récord feminino cunha marca de 2:22:34 horas.Prague International Marathon . Association of Road Racing Statisticians. Retrieved on 2012-05-13.

Gañadores/as miniatura|Posto de avituallamento na edición de 2010. Lenda: RécordCarreira do Campionato da República Checa

EdiciónAnoMen's winnerTempo (h:m:s)Women's winnerTempo (h:m:s)I1995 Tumo Turbo2:12:44 Svetlana Tkach2:39:33II1996 William Musyoki2:12:21 Elena Vinitskaya2:37:33III1997 John Kagwe2:09:07 Elena Vinitskaya2:32:58IV1998 Elijah Lagat2:08:52 Elena Vinitskaya2:34:25V1999 Eliud Kering2:11:19 Franca Fiacconi2:28:33VI2000 Simon Chemoiywo2:10:35 Alina Ivanova2:27:42VII2001 Andrea Sambu Sipe2:10:14 Maura Viceconte2:26:33VIII2002 Henry Tarus Kiprotich2:11:41 Alevtina Ivanova2:32:24IX2003 Willy Cheruiyot Kipkirui2:11:56 Anne Jelegat Kibor2:31:10X2004 Barnabas Kipkoech2:12:15 Leila Aman2:31:48XI2005 Stephen Cheptot Matebo2:10:42 Salina Kosgei2:28:42XII2006 Mubarak Hassan Shami2:11:11 Alina Ivanova2:29:20XIII2007 Hélder Ornelas2:11:49 Nailiya Yulamanova2:33:10XIV2008 Kenneth Mburu Mungara2:11:06 Nailiya Yulamanova2:31:43XV2009 Patrick Ivuti Mukutu2:07:48 Olga Glok2:28:27XVI2010 Eliud Kiptanui2:05:39 Helena Kirop2:25:29XVII2011 Benson Barus2:07:07 Lydia Cheromei2:22:34XVIII2012 Deressa Chimsa2:06:25 Agnes Kiprop2:25:40

Notas

Lista de gañadores Información do Maratón Internacional de Praga en www.arrs.net

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Martón de Praga

Categoría:Deporte en Praga Categoría:Competicións de atletismo Categoría:Competicións deportivas na República Checa Categoría:Atletismo na República Checa