miniatura|300px|Sede do Instituto Goethe en Múnic. O Goethe-Institut (en galego Instituto Goethe) é unha institución alemá sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é divulgar polo mundo, en especial en países non falantes de alemán, a lingua e a cultura de Alemaña. A súa principal actividade é o ensino da lingua alemá como segundo idioma, mentres que o seu segundo obxectivo é o de fortalecer as relacións culturais internacionais de Alemaña.

O instituto recibe o seu nome en homenaxe ao poeta alemán Johann Wolfgang von Goethe.Instituto Goethe faz 60 anos como referência na difusão da língua e da cultura alemãs

Historia miniatura|Goethe-Institut en Praga. O Instituto Goethe foi fundado en 1951 como sucesor da Deutschen Akademie (fundada en 1925). Inicialmente o obxectivo principal foi o ensino da lingua alemá a profesores estranxeiros. A partir de 1953 o instituto comezou tamén a ofrecer cursos de alemán a estudantes, e no mesmo ano iniciou un programa para divulgar a lingua alemá noutros países. Entre 1959 e 1960 tódalas institucións culturais gobernamentais de Alemaña que existían ata aquela noutros países, foron unificadas, pasando a formar parte do Goethe-Institut na actualidade.

Durante o goberno de Willy Brandt, a importancia do Goethe-Institut creceu a nivel internacional durante os anos '70, pois formaba parte da política exterior alemá nesa época, a forte divulgación da lingua e cultura alemá.

En 1976 realizouse un "contrato de colaboración" entre o Goethe-Institut e o Auswärtiges Amt (similar á Secretaría de Negocios Estranxeiros). A partir de 1980 elaborouse un novo concepto válido a nivel nacional, polo cal cidades grandes e cidades con universidades pasarían a estar no ámbito de interese do Instituto para o estabelecemento dos seus centros de ensino.

Logo da caída do pano de aceiro en 1989 o instituto intensificou as súas actividades cara ao Europa do Leste, fundando alí novos centros de ensino.

Logo da fusión coa Inter Nationes o día 21 de setembro de 2000, unha institución fundada en 1952 polo Ministerio de Asuntos Exteriores para a divulgación de Alemaña no exterior, o Instituto pasou a denominarse Instituto Goethe Inter Nationes entre xaneiro de 2001 ata xullo de 2003.

En 2004 o Instituto abriu un centro de informacións en Pyongyang, ou sexa a primeira institución cultural occidental localizada en Corea do Norte.

Presidentes No.PeríodoNome 1 1951 – 1962 Kurt Magnus 2 1962 – 1963 Max Grasmann 3 1963 – 1971 Peter Pfeiffer 4 1971 – 1977 Hans von Herwarth 5 1977 – 1989 Klaus von Bismarck 6 1989 – 1993 Hans Heigert 7 1993 – 2001 Hilmar Hoffmann 8 2002 –2008 Jutta Limbach 9 2008 – Klaus Dieter Lehmann

Organización O instituto é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Múnic. Actualmente existen 13 centros do Instituto Goethe en Alemaña e 129 centros espallados en 81 países.

África PaísCidadeInauguraciónSitio web Alxer 2003(1) Yaoundé Abidjan 1977 O Cairo Adís Abeba 1962 Accra Nairobi Antananarivo (CG) 2000 Bamaco (CG) Casablanca Rabat Windhoek (CG) Lagos Dakar Johannesburgo Cidade do Cabo (CG) Lomé Tunes Harare (CG) (1) - Ano de reapertuta tras un período longo de inactividade (CG) – Centro Goethe

América PaísCidadeInauguraciónSitio web Buenos Aires 1967 Córdoba Mendoza (CG) San Juan (CG) A Paz Santa Cruz de la Sierra (CG) 1998 Brasilia (CG) 1971 Curitiba Porto Alegre Río de Xaneiro Salvador São Paulo Montreal 1962 Ottawa Toronto Vancouver (CG) Santiago Concepción (CG) Viña del Mar (CG) Bogotá 1957 San Xosé (CG) Quito (CG) Atlanta Boston Chicago Os Ánxeles Nova York San Francisco 1967 Washington Cidade de México Guadalaxara Asunción (CG) Lima 1966 Montevideo Caracas (CG) – Centro Goethe

Asia PaísCidadeInauguraciónSitio web Cabul 2003(1) Dacca Hong Kong Pequín Shanghai Seúl 1968 Manila Tiflis Bangalore 1960 Mumbai Calcuta Chennai Nova Delhi Pune Bandung Surabaia (CG) Iacarta Xerusalén Tel Aviv 1979 Kyoto Osaca Tokyo Amán Almaty Beirut Kuala Lumpur Katmandú (CG) Karachi Lahore (CG) Ramala Singapur Colombo 1957 Damasco Taipei Bangkok Ankara Esmirna Istanbul Tashkent Abu Zabi Cidade Ho Chi Minh (CG) Hanoi 1997 (CG) – Centro Goethe

Europa PaísCidadeInauguraciónSitio web Bruxelas 1959 Minsk 1993 Saraxevo 2000 Sofía 1989 Nicosia (CG) Zagreb Copenhaguen Bratislava Liubliana Barcelona 1957 Granada Madrid 1957 Donostia Tallin 1991 Helsinqui Aix-en-Provence (CG) Bordeos Estrasburgo (CG) Lille 1957 Lión Nancy París Tolosa Atenas 1952 Chania (CG) Patras (CG) Salónica Budapest 1988 Dublín Boloña (CG) Xénova Milán 1958 Nápoles Palermo Piacenza (CG) Roma Trieste Turín 1954 Verona (CG) Riga 1992 Vilnius 1998 Luxemburgo Skopje Oslo Ámsterdan Rotterdam Cracovia Lublin (CG) Varsovia 1990 Lisboa Porto České Budějovice (CG) Pardubice (CG) Praga 1990 Glasgow Londres Manchester Bucarest Iaşi (CG) Moscova San Petersburgo Belgrado 1970 Estocolmo Kíiv (CG) – Centro Goethe

Oceanía PaísCidadeInauguraciónSitio web Melbourne Sidney Wellington

Exames O instituto desenvolveu diversos exames para estudantes de alemán como idioma estranxeiro (Deutsch als Fremdsprache - DaF) en tódolos niveis: do A1 ata C2. Estes exames poden ser realizados en tódolos Institutos Goethe. Os exames básicos son:

Nivel do Consello Europeo (CEF) Exame do Instituto Goethe C2 Zentrale Oberstufenprüfung, Kleines Deutsches Sprachdiplom C1 Goethe-Zertifikat C1 - Zentrale Mittelstufenprüfung (neu), Prüfung Wirtschaftsdeutsch B2 Zertifikat Deutsch für den Beruf, Goethe-Zertifikat B2 B1 Zertifikat Deutsch A2 Start Deutsch 2 A1 Start Deutsch 1

Notas

Véxase tamén

Outras artigos Instituto da Lingua Galega para a lingua galega British Council para a lingua inglesa Instituto Camões para a lingua portuguesa Instituto Cervantes para a lingua española

Ligazóns externas Sitio web do Goethe-Institut internacional

Categoría:Lingua alemá