Amber Laura Heard, nada en Austin (Texas) o 22 de abril de 1986, é unha actriz estadounidense. Protagonizou All The Boys Love Mandy Lane, unha película que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Toronto en 2006.

Traxectoria

Traxectoria persoal Criouse na súa cidade natal. O seu pai, David, é contratista, e súa nai, Paige, traballa para o estado recompilando información en Internet.

Heard estudou na Academia católica St. Michael en Austin ata que se trasladou a Hollywood. Na adolescencia participou activamente na escola de teatro e apareceu en anuncios e campañas locais. Cando tiña 16 anos morreu o seu mellor amigo nun accidente de coche. Aínda que foi criada no catolicismo, este suceso e a influencia das obras de Ayn Rand puideron influír en que se declarase atea posteriormente.

Heard fixo pública a súa condición de bisexual en 2010, no acto público que conmemoraba o 25 aniversario de GLAAD, e mantivo unha relación coa fotógrafa Tasya van Ree dende 2008.

Dende o 3 de febreiro de 2015 estivo casada co actor Johnny Depp, a quen coñeceu namentres rodaban The Rum Diary, e divorciouse en maio de 2016. Posteriormente, mantivo unha relación con Elon Musk, o fundador de Tesla, que durou un ano.

Carreira profesional miniatura|dereita|Heard no Festival Internacional de Cinema de Toronto.

O seu debut como conductora de televisión chegoulle en 2007 no programa de televisión Hidden Palms da CW. Os seus grandes éxitos chegan en 2008 con actuacións en Never Back Down e Pineapple Express. En 2009 protagonizou The Stepfather e tamén tivo un pequeno papel na comedia de terror Zombieland. Tamén participou en The Joneses (2010), e ten papeles en The Ward de John Carpenter, xunto a Nicolas Cage en Furia cega e con Johnny Depp en The Rum Diary''.

Filmografía Ano Película Rol Notas 2004 Friday Night Lights María 2005 Side FX Shay Drop Dead Sexy Candy En terra de homes Young Josey Aimes 2006 Price To Pay Trish The Prince Serena Película de TV You Are Here Amber Alpha Dog Alma 2007 Day 73 With Sarah Mary Curtametraxe Remember the Daze Julia 2008 All the Boys Love Mandy Lane Mandy Lane Never Back Down Baja Miller Pineapple Express Angie Anderson 2009 The Informers Christie Zombieland 406 The Stepfather Kelly Porter ExTerminators Nikki 2010 The Joneses Jenn Jones 2011 The River Why Eddy Yet-to-be-released And Soon the Darkness Stephanie The Ward Kristen Furia cega Piper The Rum Diary Chenault 2013 Syrup Six Tamén produtora executivaParanoiaEmma JenningsMachete KillsMiss San Antonio 20143 Days to KillVivi Delay2015The PrinceSerenaTV MovieThe Adderall DiariesLana EdmondOne More TimeJudeMagic Mike XXLZoeThe Danish GirlUlla2017I Do... Until I Don'tFannyJustice LeagueMera2018London FieldsNicola SixAquamanMera

Televisión Ano Título Rol Episodios 2004 Jack & Bobby Liz 1x01 - "Piloto" The Mountain Riley 1x08 - "A Piece of the Rock" 2005 The O.C. Salesgirl 2x15 - "Mallpisode" 2006 Criminal Minds Lila Archer 1x18 - "Somebody's Watching" 2007 Californication Amber 1x08 - "California Son" Hidden Palms Greta Matthews 8 Episodios2010The Cleveland ShowvozEpisodio: Beer Walk 2011 The Playboy Club Maureen Piloto 2011 Top Gear Herself 16x05

Premios Ano Resultado Premio Categoría Traballo de nomeamento 2008 Gañadora Young Hollywood Awards Breakthrough Performance Award None 2009 Nomeada Detroit Film Critics Society Awards Best Ensemble Zombieland 2010 Nomeada MTV Movie Awards Best Scared-As-S**t Performance Zombieland

Clasificacións nas revistas Ano Lista Clasificación 2008 Unha das 100 mulleres máis quentes de 2008 da revista Maxim #21 Unha das 100 mulleres máis sexy de 2008 da revista FHM #90 2009 Unha das 100 mulleres máis quentes de 2009 da revista FHM #31 Unha das 100 mulleres máis quentes de 2009 da revista Maxim #56 2010 Unha das 100 mulleres máis sexy de 2010 da revista FHM #25 Unha das 100 mulleres máis quentes de 2010 da revista Maxim #13

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Austin, Texas