Reinhard Tristan Eugen Heydrich, nado en Halle (Alemaña) o 7 de marzo de 1904 e finado en Praga o 4 de xuño de 1942, foi un militar alemán.
Traxectoria Alcumado a besta loira, foi o segundo home das SS da Alemaña nazi. En 1936 foi nomeado líder da Gestapo. Ademais, foi protector de Bohemia e Moravia e, dende 1939, director da Oficina Central de Seguridade do Reich. Convocou e presidiu a Conferencia de Wannsee, onde se planificou o exterminio dos xudeus en Europa. Finou asasinado en Praga en 1942 nunha operación conxunta de británicos e checos.
Véxase tamén Outros artigos Operación Antropoide Ligazóns externas "El genocida nazi que tocaba el violín", artigo de Julián Casanova en El País, 3 de xuño de 2012 .
Categoría:Personalidades do Terceiro Reich Categoría:Holocausto Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en Halle, Saxonia-Anhalt Categoría:Militares de Alemaña da segunda guerra mundial