miniatura|Igrexa de Nocedo do Val San Salvador de Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense. Situada na marxe esquerda do río Támega, os seus habitantes viven da agricultura da pataca, o millo e os cereais. Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas. No outono son abundantes os cogomelos. En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).

Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.

Topónimo O topónimo galego Nocedo é un fitónimo, derivado do latín que indica á presenza de nogueiras.

Lugares e parroquias Lugares de Nocedo do Val

Parroquias de Castrelo de Val

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Castrelo do Val

Categoría:Parroquias de Castrelo do Val Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador