O Gran Premio dos Países Baixos de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de maio de 1961 no circuíto de Zandvoort. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de .

Informe

A carreira tivo lugar unha semana despois do GP de Mónaco, non houbo tempo para a recuperación de Innes Ireland da súa lesión na carreira anterior, polo que foi substituído por Trevor Taylor . A primeira fila estaba ocupado por tres Ferraris. Von Trips tomou a iniciativa desde o principio e liderou todas as voltas. Phil Hill era un segundo sólido, pero pronto se viu premido por Jim Clark, que fixo unha gran saída desde a cuarta fila. Os dous cambiaríanse o segundo lugar con frecuencia co Ferrari máis rápido na recta e o Lotus máis rápido nas curvas. Isto continuou ata preto de 20 voltas para o final, cando a pilotaxe de Clark permitiu distanciarse ao Ferrari. O cuarto lugar foi tamén unha batalla moi rifada. Moss e Ginther, que tiveron un comezo terrible, loitaron de principio a fin con Moss pasando a Ginther na última volta. A carreira foi histórica, foi unha das tres carreiras onde terminaron todos os coches (o Gran Premio de Italia de 2005 e o Gran Premio de Europa de 2011 son os outros). De feito, nesta carreira non houbo ningún piloto que fixera unha parada en boxes.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Wolfgang von Trips Ferrari 75 2:01:52.1 2 9 2 1 Phil Hill Ferrari 75 +0.9 segs 1 6 3 15 Jim Clark Lotus-Climax 75 +13.1 segs 11 4 4 14 Stirling Moss Lotus-Climax 75 +22.2 segs 4 3 5 2 Richie Ginther Ferrari 75 +22.3 segs 3 2 6 10 Jack Brabham Cooper-Climax 75 +1:20.1 7 1 7 12 John Surtees Cooper-Climax 75 +1:26.7 9 8 4 Graham Hill BRM-Climax 75 +1:29.8 5 9 5 Tony Brooks BRM-Climax 74 +1 volta 8 10 7 Dan Gurney Porsche 74 +1 volta 6 11 6 Jo Bonnier Porsche 73 +2 voltas 12 12 11 Bruce McLaren Cooper-Climax 73 +2 voltas 14 13 16 Trevor Taylor Lotus-Climax 73 +2 voltas 16 14 8 Carel Godin de Beaufort Porsche 72 +3 voltas 17 15 9 Hans Herrmann Porsche 72 +3 voltas 13 NTS 17 Masten Gregory Cooper-Climax Equipo reserva NTS 18 Ian Burgess Lotus-Climax Equipo reserva

Pole position: Phil Hill - 1:35.7 Volta rápida: Jim Clark - 1:35.5 Líderes por volta: Wolfgang von Trips 75 voltas (1-75). Primeira vitoria para o piloto alemán En décadas, este foi o único Gran Premio de F1 que rematou sen ningunha retirada, ata o . A única carreira: sen paradas en boxes e sen retiradas.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Stirling Moss 12 10px 2 2 Wolfgang von Trips 12 10px 3 Phil Hill 10 10px 2 4 Richie Ginther 8 10px 5 5 Jim Clark 4

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 1 Ferrari 14 10px 1 2 Lotus-Climax 12 10px 3 Porsche 2 10px 4 Cooper-Climax 2

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos nas dúas clasificacións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Países baixos Categoría:Gran Premio dos Países Baixos de Fórmula 1