All That She Wants é o título dunha canción gravada polo grupo sueco Ace of Base e producida por Denniz Pop en 1993.
Historia A comezos de 1993, a canción alcanzou o top-ten das listas en varios países, incluíndo Dinamarca, o Reino Unido e Australia, tendo grande sona en Galicia no verán de 1993. O sinxelo foi certificado con disco de platino nos Estados Unidos, onde atinxiu a segunda posición na Billboard Hot 100. É un dos singles "número 2" máis vendidos de todos os tempos nos Estados Unidos: mantívose tres meses entre as primeiras posicións da lista da Billboard Hot 100, mais nunca alcanzou a primeira posición. É actualmente o 71º single máis vendido de todos os tempos na Alemaña.
O tema encadraríase nun xénero eurodance, con toques de reggae fusion. Foi gravado nos estudios Alex Records (lanzamento orixinal) e Arista Records. Composto en 1992 polos dous compoñentes masculinos da banda: Jonas Berggren e mais Ulf Ekberg e producido por Denniz Pop, Jonas Berggren e Ulf Ekberg.
Ao éxito de All That She Wants seguiulle o single "Wheel of Fortune" (1993) e o pegañento The Sign (1994).
Galicia En Galicia acadou o número 1 dentro das listas españolas os días 15 e 29 de maio de 1993, tivo especial sona o verán dese mesmo ano.
Categoría:Sinxelos de 1992 Categoría:Sinxelos de 1993