Evaristo Antonio Mosquera Martínez, nado en Pontevedra en 1909 e finado en Madrid en febreiro de 1996, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio. Na ditadura de Primo de Rivera fixo oposicións en Madrid ao Ministerio de Facenda, que aprobou en 1928,El Diario de Pontevedra, 21-6-1928, p. 2. e prestou servizo nas Delegacións de Vigo e Pontevedra. Colaborou con Luis Bello nas súas visitas de Escolas e foi secretario do Comité de Cooperación Intelectual. Durante a República participou na redacción da revista Cristal con Amado Carballo e Xoán Vidal Martínez, colaborou na prensa (El Progreso, El Pueblo Gallego e El País) e incorporouse ao Partido Galeguista.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937 por rebelión militar, foi condenado a trinta anos. Pasou case catro anos detido no campo de concentración de San Simón onde protagonizou, xunto cun grupo de evanxélicos de Marín, Celestino Poza Cobas e o seu fillo Celestino, un boicot, negándose a confesar cos cregos da prisión. Cesado como oficial de Facenda en agosto de 1936,El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7. no proceso de depuración foi sancionado con separación definitiva e baixa na escala en febreiro de 1937.El Compostelano, 20-2-1937, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.El Compostelano, 25-10-1940, p. 2.BOE, 25-12-1940, p. 5858. Unha vez en liberdade trasladouse a Madrid e volveu ser detido en febreiro de 1949 por motivos políticos. Xulgado o 14 de abril de 1950, foi condenado a oito anos de prisión, finalmente reducidos a cinco, que cumpriu en Carabanchel, Ocaña e no campo de traballo de Fuencarral. Saíu en liberdade condicional o 15 de novembro de 1952. Finou en Madrid en febreiro de 1996.Necrolóxica en ABC, 21-2-1996, p. 47. Obras Cuatro años a bordo de una isla (Ediciós do Castro, 1984; traducido ao galego por Manuel Alonso como Catro anos a bordo dunha illa. Memoria dun preso en San Simón, 2006)
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Políticos do Partido Galeguista
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1909
Categoría:Finados en 1996
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes