A VG-2.1 ou Vía de Alta Capacidade Monforte (CG-2.2 a CG-2.1) (na provincia de Lugo), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades da Trincheira e A Folgueira; ambas no concello de Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 2,71 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-2.2 na Trincheira (Monforte de Lemos) e finaliza nun cruzamento coa CG-2.1 na Folgueira (Monforte de Lemos).
Percorrido
Inicia na rotonda cos accesos ao Corredor de Lugo-Monforte de Lemos (CG-2.2) e á estrada LU-617, unha en dirección noroeste cara a Escairón e outra en dirección sueste a Monforte de Lemos, situada no lugar da Trincheira (parroquia de Seoane do concello de Monforte de Lemos). Seguindo na vía ata a ligazón do corredor CG-2.1 (Corredor Monforte de Lemos-Lalín) no lugar da Folgueira (parroquia da Vide do mesmo concello). Na metade do percorrido cruza sobre o río Cinsa.
Historia
As primeiras obras iniciaron en xuño de 1997 e este treito era o antigo corredor e Monforte de Lemos-Lalín (CG-2.1) que inaugurara en maio de 1999. Formaba parte de ultímaa fase de completar o corredor, no treito entre Escairón e Monforte de Lemos sen a prolongación cara a sur coa estrada N-120 e a conexión coa CG-2.2.
Treitos
Denominación Treito Kms Ano servizo A Trincheira - A Folgueira 2,7 1999
Notas
Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Monforte de Lemos Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes