Scary Movie 3 é un filme estadounidense dirixido por David Zucker que se estreou no 2003. Terceiro filme da saga de comedia Scary Movie. O seu argumento fai parodia dos filmes The Ring, Signs, The Matrix e 8 Mile. É o primeiro dos dous filmes da saga que protagoniza Leslie Nielsen.

Sinopse Todo comeza cando a errante xornalista Cindy Campbell (Anna Faris) parte a buscar unha noticia dura no mundo da televisión. Axiña descobre estraños sucesos que ameazan o planeta, como invasores alieníxenas, cintas de vídeo asasinas, anormais círculos nos cultivos, profecías, nenos de ollos sinistros e ambiciosos rappeiros brancos. Fronte a conspiracións de proporcións masivas Cindy debe loitar para evitar que o mal se apodere do mundo outra vez.

Personaxes Anna Faris como Cindy Campbell Regina Hall como Brenda Meeks Simon Rex como George Logan Charlie Sheen como Tom Logan Leslie Nielsen como Presidente Baxter Harris Queen Latifah como Tía Shaneequa/A oráculo Anthony Anderson como Mahalik Kevin Hart como CJ Camryn Manheim como Trooper Champlin George Carlin como O arquitecto Eddie Griffin como Orpheus Pamela Anderson como Becca Kotler Jenny McCarthy como Katie Embry Drew Mikuska como Cody Jianna Ballard como Sue Logan Denise Richards como Annie Logan D. L. Hughley como John Wilson Ja Rule como Axente Thompson Darrell Hammond como Padre Muldoon Jeremy Piven como Ross Giggins Simon Cowell como El mesmo Marny Eng como Tabitha Edward Moss como Michael Jackson alien Ajay Naidu como Sayaman

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Zucker Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes sobre presidentes ficticios dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América