Cesáreo Onzari, nado o 1 de febreiro de 1903 en Buenos Aires e finado o 7 de xaneiro de 1964 na mesma cidade, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Comezou a xogar profesionalmente no Sportivo Boedo e no Club General Mitre. No ano 1921 debutou no Club Atlético Huracán, onde transcorrería case a totalidade da súa carreira futbolística ata a súa retirada en 1933.
Coa Selección de fútbol da Arxentina disputou 14 encontros e marcou 5 goles.
Pese a que nunca pertenceu a Boca Juniors formou parte da xira europea do club bonaerense de 1925 e polo que foi nomeado Campión de honra do Campionato Arxentino a pesar de que numericamente quedara moi por detrás do vencedor.
O 2 de outubro de 1924 pasou á historia por marcar o primeiro gol de lanzamento directo dende o banderín de corner sen tocar en ningún xogador do que se ten constancia <ref>http://edant.clarin.com/diario/2004/10/02/deportes/d-07101.htm O gol oímpico cumple 80 anos (02/10/2004)</ref>. Sucedeu nun encontro amigábel entre a Selección de fútbol da Arxentina e a do Uruguai vixente campión olímpico, de aí que este tipo de goles reciban o nome de gol olímpico''. O gol foi válido grazas a un cambio no regulamento realizado ese mesmo ano, pois ata entón os saques dende o corner estaban regulados como lanzamentos indirectos, e polo tanto para ser legal debían tocar nalgún xogador.
Participación na Copa América AnoSedeResultado1924 UruguaiSubcampión1925 ArxentinaCampión
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División da ArxentinaClub Atlético HuracánArxentina1921Primeira División da ArxentinaClub Atlético HuracánArxentina1922Primeira División da ArxentinaClub Atlético HuracánArxentina1925Primeira División da ArxentinaClub Atlético HuracánArxentina1928Copa da ArxentinaClub Atlético HuracánArxentina1925
Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa AméricaSelección de fútbol da ArxentinaArxentina1925
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en historiadehuracan.com
Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1964 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Huracán Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América