Final Destination é un filme estadounidense de terror dirixido por James Wong que se estreou no 2000. O guión foi escrito por Glen Morgan, Wong e Jeffrey Reddick, e baséase nunha historia de Reddick. O filme está protagonizado por Devon Sawa, Ali Larter, Kerr Smith e Tony Todd. Sawa interpreta un adolescente que "evita á morte" despois de ter unha visión de si mesmo e os seus amigos perecendo nunha explosión no avión. A premonición sálvao a el e a outros pasaxeiros, pero continúan a ser perseguidos pola Morte, a cal reclama as vidas que ían perder no avión.

Sinopse Un estudante ten unha premonición antes de subirse ó avión no que se dispón a ir a París cos seus compañeiros. Presentindo que algo grave vai pasar, el e os seus amigos desembarcan antes da engalaxe. Efectivamente, o avión sofre un tráxico accidente, e os mozos pensan que se libraron dunha morte segura grazas á premonición do seu amigo. Mais a morte perségueos para tomar as vidas que lle deben.

Personaxes Actor Personaxe Devon Sawa Alexander Chance Browning Ali Larter Clear Rivers Kerr Smith Carter Horton Seann William Scott William Hitchcock Kristen Cloke Ms. Valerie Lewton Chad E. Donella Tod Waggner Amanda Detmer Terry Chaney Brendan Fehr George Waggner Forbes Angus Mr. Larry Murnau Lisa Marie Caruk Christa Marsh Christine Chatelain Blake Dreyer Tony Todd William Bludworth

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América