Black Daisy é un grupo irlandés que, xunto con Sinéad Mulvey, representou a Irlanda no Festival de Eurovisión 2009 coa canción "Et Cetera".
Traxectoria A banda formouse na cidade de Dublín e actualmente ten tres membros: Lesley-Ann Halvey, Asta Milleriene e Nicole Billings. 180px|miniatura|esquerda|Black Daisy con Sinéad Mulvey interpretando "Et Cetera" en Londres o 17 de abril de 2009. Participaron na segunda semifinal do Festival, celebrada o 14 de maio de 2009, acadando 52 puntos. Malia iso, ficaron na onceava posición e non se clasificaron para a final. Porén, a súa canción chegou á sexta posición nas listas de vendas de Irlanda.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da RTÉ
Categoría:Grupos musicais de Dublín Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Representantes de Irlanda en Eurovisión