José Darse Sobrino, nado no Porto (Portugal) en 1874 en finado na Guarda o 30 de decembro de 1932, foi un impresor e xornalista galego.
Traxectoria Emigrou moi novo ao Brasil, onde estudou e fundou o semanario A Lei (1896). En 1903 regresou e estableceuse na Guarda, onde fundou o semanario Heraldo Guardés. A súa defensa das tendencias liberais orixinou numerosos procesos xudiciais por delitos de imprenta. Defendeu a campaña do Directorio Antiforista de Teis e participou como orador nos mitins redencionistas. Logo da súa morte e como homenaxe, os seus discípulos editaron Nuevo Heraldo.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Uris Guisantes, José Antonio. "José Darse Sobrino e Heraldo Guardés" galiciasuroeste.info.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes