miniatura|dereita|Células HeLa en división vistas con microscopio electrónico de varrido. miniatura|dereita|Células HeLa apoptóticas. As células HeLa (tamén pode aparecer escrito Hela ou hela) son un tipo de células pertencentes a unha liña celular inmortalizada utilizadas para facer cultivos celulares na investigación científica. É a liña celular de orixe humana máis antiga e máis comunmente utilizada en investigación. A liña deriva de células de cancro de cérvix uterino extraídas en 1951 da paciente Henrietta Lacks, que morrería por causa dese cáncer uns meses despois. Das iniciais do nome de Henrietta Lacks vén o nome acrónimo HeLa. Esta liña celular mostrou ser extraordinariamente duradeira e prolífica, como o demostra o feito de que contaminase moitas outras liñas celulares utilizadas en investigación.; Note: Some sources report her birthday as August 2, 1920 vice August 1, 1920.
George Otto Gey e Henrietta Lacks Henrietta Lacks (1920-1951) foi unha muller afroamericana que naceu en Virxinia. O seu nome era Loretta Pleasant, pero despois cambiou o seu nome a Henrietta e ao casar adoptou o apelido Lacks do seu esposo. Cando caeu enferma en 1951 foi diagnosticada de cancro de cérvix no Hospital Johns Hopkins de Baltimore (que aceptaba pacientes "negros"), onde lle fixeron unha biopsia e a trataron. Morrería de cancro ese mesmo ano. miniatura|dereita|250px|Células HeLa tinguidas con Hoechst 33258. As células procedentes da biopsia foron cultivadas por George Otto Gey pouco despois da morte de Lacks en 1951. Esta foi a a primeira liña celular humana que probou poder propagarse con éxito in vitro, e supuxo un éxito científico moi beneficioso para a investigación médica. Gey doou gratuitamente as células, instrumental e procesos que desenvolvera no seu laboratorio a calquera científico que llo solicitase, simplemente para beneficio da ciencia. Aínda que nin Lacks nin a súa familia lle deran permiso ao seu médico para cultivar as células, daquela non era obrigatorio o permiso nin era costume solicitalo.Washington, Harriet "Henrietta Lacks: An Unsung Hero", Emerge Magazine, October 1994 As células foron máis tarde comercializadas, aínda que nunca foron patentadas na súa forma orixinal. Despois, igual que agora, nos Estados Unidos seguiu sen ser un requisito o informar ao paciente ou aos seus parentes deste tipo de cousas, porque o material biolóxico descartado, ou obtido durante a cirurxía, diagnose, ou terapia, é propiedade do médico ou institución médica (actualmente require nalgúns países a aprobación ética e o consentimento do paciente, como no Reino Unido). Esta cuestión e a situación da Sra. Lacks foi levada a xuízo na Corte Suprema de California no caso Moore contra Rexentes da Universidade de California. O tribunal sentenciou que os tecidos e células descartados dunha persoa non son da súa propiedade e poden ser comercializados.
Inicialmente, á liña celular déuselle o nome de "Helen Lane" ou "Helen Larson", para preservar o anonimato de Henrietta Lacks. Pero, malia este intento, o seu nome real foi utilizado pola prensa poucos anos despois da súa morte. Estas células son tratadas como células cancerosas, xa que proceden dunha biopsia do cérvix uterino de Lacks feita como parte do diagnóstico do seu cancro.
As células HeLa, como outras liñas celulares, denomínanse inmortais no sentido de que a liña celular se pode dividir un número ilimitado de veces nunha placa de cultivos celulares de laboratorio con tal de que se lle proporcionen as condicións elementais para a supervivencia (un ambiente sostible e axeitado). Hai moitas cepas de células HeLa, xa que continúan evolucionando nos cultivos celulares, pero todas as células HeLa descenden das células tumorais extraídas da Sra. Lacks. Estímase que o número total de células HeLa que se levan propagado en cultivo excede xa o número de todas as células do corpo de Henrietta Lacks.
Uso en investigación As células HeLa foron utilizadas por Jonas Salk para probar a primeira vacina da polio na década de 1950. Desde entón, as células HeLa usáronse na "investigación do cancro, SIDA, os efectos da radiación e de substancias tóxicas, mapeo xenético, e moitas outras actividades científicas". Segundo a autora Rebecca Skloot, en 2009, "publicáranse máis de 60.000 artigos científicos sobre investigacións feitas con HeLa, e ese número incrementouse sostidamente a un ritmo de máis de 300 publicacións por mes."
As células HeLa utilizáronse para comprobar como o parvovirus infecta as células humanas, de cans e de gatos. Estas células tamén foron utilizadas para estudar virus como o virus Oropouche (OROV). O OROV causa a desorganización de células de cultivos celulares, nos que as células empezan a dexenerar pouco despois de que son infectadas causando unha indución viral á apoptose. As células HeLa foron utilizadas no estudo da expresión do papilomavirus E2 e a apoptose.Hou, S.Y. Wu, S. Chiang, C.Transcriptional Activity among High and Low Risk human Papillomavirus proteinsE2 Proteins correlates of E2 DNA binding. Journal of Biological Chemistry, 2002. As células HeLa tamén se empregaron para estudar a capacidade do virus do moquillo canino de inducir a apoptose en liñas celulares cancerosas. A capacidade deste virus de inducir a apoptose podería xogar un importante papel no desenvolvemento de tratamentos contra tumores resistentes á radiación ou á quimioterapia.
As células HeLa tamén foron utilizadas en varios estudos do cancro como os que implican hormonas esteroides como o estradiol, estróxeno, e receptores de estróxeno, xunto con compostos similares aos estróxenos como a quercetina e as súas propiedades redutoras do cancro.Bulzomi, Pamela. "The Pro-apoptotic Effect of Quercetin in Cancer Cell Lines Requires ERβ-Dependant Signals." Cellular Physiology (2012): 1891-898. Web. Fixéronse tamén estudos con células HeLa, sobre os efectos dos flavonoides e antioxidantes con estradiol na proliferación de células cancerosas.
As células HeLa utilizáronse para investigar os compostos fitoquímicos e os mecanismos fundamentais da actividade anticanceríxena do extracto etanólico da pel de manga (EEMP). O EEMP contén varios compostos fenólicos e activa a morte por apoptose das células cervicais humanas malignas HeLa, o que suxire que o EEMP pode axudar a previr o cancro cervical e outros tipos de cancro.
En 2011, as células HeLa usáronse nas probas das novas tinguiduras heptametino IR-808 e outros análogos que están actualmente sendo examinados para o seu uso en diagnose médica, o desenvolvemento de teranósticos (diagnósticos e tratamentos personalizados), o tratamento individualizado de pacientes cancerosos coa axuda de terapia fotodinámica (PDT), coadministración con outras drogas, e irradiación.F. Pene, E. Courtine, A. Cariou, J.P. Mira. (2009) "Toward theranostics" Crit Care Med, 37 pp. S50–S58
As células HeLa utilizáronse en investigacións sobre os fullerenos para inducir a apoptose como parte da terapia fotodinámica.
As células HeLa tamén se empregaron na investigación in vitro do cancro sobre a invasividade de liñas celulares cancerosas.
As células HeLa utilizáronse para definir marcadores do cancro no ARN, e para establecer un sistema de identificación baseado en interferencia de ARN e interferencia de células cancerosas específicas.Xie, Z, Wroblewska L, Prochazka L, Weiss R, Benenson Y. Multi-Input RNAi-Based Logic Circuit for Identification of Specific Cancer Cells. Science [serial online]. September 2, 2011;333(6047):1307-1311. Available from: Academic Search Elite, Ipswich, MA. Accessed April 2, 2012.
Telomerase A liña celular HeLa utilizouse na investigación do cancro. Estas células proliferaban dunha forma anormalmente rápida, mesmo se as comparamos con outras células tumorais. Como moitas outras células cancerosas,The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2009 on nobelprize.org as células HeLa teñen unha versión do encima telomerase activa durante a división celular, o que impide o acurtamento progresivo dos telómeros dos cromosomas, que está implicado no envellecemento e morte celular. Deste modo as células evitan o límite de Hayflick, que é o número límite de divisións celulares que a maioría das células normais poden realizar antes de facérense senescentes.
Número de cromosomas O material xenético do xenoma das células HeLa orixinouse por transferencia horizontal de xenes desde o papilomavirus humano 18 (HPV18) ás células do cérvix humanas. O xenoma desta liña celular é diferente do de Henrietta Lacks en varios aspectos, entre os que están o número de cromosomas. As células HeLa teñen un número modal de cromosomas de 82, con catro copias do cromosoma 12 e tres dos cromosomas 6, 8, e 17. Macville et al. indican o seguinte:
Contaminación Debido á súa adaptación ao crecemento en placas de cultivo celular, as células HeLa son ás veces difíciles de controlar. Está comprobado que son un persistente contaminante de laboratorio que contamina outros cultivos celulares do mesmo laboratorio, interferindo coas investigacións e forzando aos investigadores a considerar moitos resultados como non válidos. O grao de contaminación por células HeLa entre outros tipos celulares descoñécese porque poucos investigadores comproban a identidade ou pureza das liñas celulares xa establecidas. Demostrouse que unha fracción substancial das liñas celulares in vitro (as estimacións van do 10% ao 20%) están contaminadas con células HeLa. Stanley Gartler en 1967 e Walter Nelson-Rees en 1975 foron os primeiros en publicar sobre a contaminación de varias liñas celulares por HeLa.
O escritor científico Michael Gold escribiu sobre o problema da contaminación por células HeLa no seu libro Conspiración das células. Describiu a identificación feita por Nelson-Reess deste problema estendido a todo o mundo (afecta mesmo aos laboratorios dos mellores médicos, e investigadores, como Jonas Salk) e os esforzos para afrontalo. Segundo Gold, a contaminación por HeLa case orixina un incidente da guerra fría: a URSS e os EEUU empezaran a cooperar na guerra contra o cancro lanzada polo presidente Richard Nixon pero descubriron que as células que intercambiaran estaban contaminadas por HeLa. Gold sostén que o problema da contaminación por HeLa foi amplificado polas emocións, egos, e a resistencia a admitir os erros. Nelson-Rees explica o seguinte:
Máis que centrarse en como resolver o problema da contaminación por HeLa, moitos científicos e escritores de ciencia seguen documentando o problema como un simple asunto de contaminación (non causado por un erro humano ou deficiencias senón pola natureza robusta, proliferante, ou abafadora das células HeLa). Datos recentes suxiren que as contaminacións cruzadas son aínda un problema importante nos cultivos celulares modernos.
A contaminación é un problema maior do que podería parecer, como se pode ler nestas frases tomadas da páxina web do ICLAC: "O Comité Internacional de Autentificación das Liñas Celulares (ICLAC) ten o propósito de facer máis visible a identificación errónea de liñas celulares e de promover a consciencia e a comprobación da autenticación como as vías efectivas para combatelo. Lamentablemente, a contaminación cruzada e identificación errónea son aínda comúns na comunidade de investigadores. Moitas liñas celulares foron contaminadas durante o seu establecemento; isto significa que todos os traballos que utilizan esas células utilizaron incorrectamente o contaminante (o cal pode proceder de especies diferentes ou de diferentes tecidos).