Kosmos 135 (Космос 135 en ruso), tamén denominado DS-U2-MP Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 12 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.
Características Kosmos 135 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MP. Estaba adicado a facer observacións científicas relacionadas coa presenza de micrometeoroides na órbita terrestre e a facer observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi seguido polo Kosmos 163. Kosmos 135 foi inxectado nunha órbita inicial de 662 km de apoxeo e 259 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 93,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de abril de 1967.
Kosmos 135 descartou a existencia dunha nube de po cósmico rodeando a Terra, hipotizada antes do seu lanzamento.
Instrumentos Kosmos 135 levaba a bordo, entre outros instrumentos, un espectrómetro centeleador de raios gamma de 64 canais composto por un cristal detector de 40 x 40 mm de ioduro de sodio completamente envolto por unha capa plástica de 5 mm de espesor para protexelo das partículas cargadas. O cristal estaba apuntado a un tubo fotomultiplicador e podía observar no rango entre 0,4 a 2,4 MeV. O conxunto detector estaba situado a 0,5 metros do corpo da nave. Os espectros gamma tomábanse cada 10 minutos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos DS-U2-MP Kosmos 163
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-U2-MP