Antonio Cerrotti, nado en Buenos Aires o 14 de xullo de 1901 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1979, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria De profesión carboeiro, de onde saíu o seu alcume Carburín, formouse na canteira de Boca Juniors co que pronto debutaría no primeiro equipo e no que xogaría a maior parte da súa carreira. Unha vez abandonou o Club Xeneize continuou a súa carreira en El Porvenir e en Barracas Juniors.

Integrou o equipo de Boca Juniors, que realizou a xira europea de 1925, sendo o primeiro xogador arxentino en marcar un gol en Europa. Foi de cabeza no primeiro encontro da xira, o 5 de marzo ante o Celta de Vigo en Balaídos.

Coa selección de fútbol da Arxentina disputou 3 encontros, debutando o 9 de decembro ante Brasil.

Palmarés TítuloClubPaísAnoCopa de Honor CusenierBoca JuniorsArxentina1920Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1923Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1923Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1924Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1924Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1926Copa EstímuloBoca JuniorsArxentina1926

Véxase tamén Ligazóns externas Historia de Boca Juniors Biografía do xogador

Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1979 Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do El Porvenir