O Tour de Francia 1974 foi a 61ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 4098 quilómetros comezou o 27 de xuño na cidade bretoa de Brest, e rematou o 21 de xullo no Velódromo de Vincennes de París, pasando por un total de catro estados diferentes: Francia, Bélxica, Reino Unido e España.
Na carreira participaron 13 equipos, con 10 corredores por equipo, para un total de 130 corredores, dos cales remataron 105. As ausencias mais salientables eran o vixente gañador Luis Ocaña, o recente gañador da Vuelta a España José Manuel Fuente, o italiano Felice Gimondi e o neerlandés Joop Zoetemelk. Entre as presenzas máis importantes estaban Bernard Thévenet, Raymond Poulidor, Lucien Van Impe, Roger Pingeon, e sobre todo o recente gañador do Giro de Italia, o belga Eddy Merckx, que xa tiña 4 Tours no seu palmarés.
Vicente López Carril, do equipo KAS, presentouse como o único representante galego na carreira, cunha moi salientable participación, pois foi quen de acadar o 3º posto final na clasificación xeral, perdendo o 2º posto tan só na penúltima etapa contra o reloxo. Tamén acadou unha vitoria na 11ª tirada,Vídeo de López Carril no Galibier na 11ª etapa do Tour 1974 unha etapa alpina que remataba en Serre Chevalier, sacándolle 54 segundos a Eddy Merckx.11ª etapa do Tour de Francia 1974
Eddy Merckx levou posto o maillot amarelo en 17 das 22 etapas, facéndose con 8 vitorias parciais e co seu 5º Tour de Francia. Domingo Perurena acadou a vitoria na clasificación da montaña, e Patrick Sercu na clasificación por puntos. En ámbalas dúas clasificacións, Eddy Merckx ocupou o segundo posto.
Etapas 200px|miniatura|dereita|A estación de esquí de Serre Chevalier presenciou a vitoria de Vicente López Carril na 11ª etapa. Etapa Data Percorrido km Gañador Líder Prólogo 27 de xuño Brest 7,1 (CRI) Eddy Merckx Eddy Merckx 1.ª 28 de xuño Brest - Saint-Pol-de-Léon 144 Ercole Gualazzini Joseph Bruyère 2.ª 29 de xuño Plymouth - Plymouth 163,7 Henk Poppe Joseph Bruyère 3.ª 30 de xuño Morlaix - Saint-Malo 190 Patrick Sercu Joseph Bruyère 4.ª 1 de xullo Saint-Malo - Caen 184.5 Patrick Sercu Eddy Merckx 5.ª 2 de xullo Caen - Dieppe 165 Ronald De Witte Gerben Karstens 6.ª (1) 3 de xullo Dieppe - Harelbeke 239 Jean-Luc Molinéris Patrick Sercu 6.ª (2) 3 de xullo Harelbeke - Harelbeke 9 (CRE) Equipo Molteni Gerben Karstens 7.ª 4 de xullo Mons - Châlons-sur-Marne 221.5 Eddy Merckx Eddy Merckx 8.ª (1) 5 de xullo Châlon-sur-Marne - Chaumont 136 Cyrille Guimard Eddy Merckx 8.ª (2) 5 de xullo Chaumont - Besançon 152 Patrick Sercu Eddy Merckx 9.ª 6 de xullo Besançon - Gaillard 241 Eddy Merckx Eddy Merckx 10.ª 7 de xullo Gaillard - Aix-les-Bains 131,5 Eddy Merckx Eddy Merckx 11.ª 8 de xullo Aix-les-Bains - Serre Chevalier 199 Vicente López Carril Eddy Merckx 12.ª 10 de xullo Savines-le-Lac - Orange 231 Jozef Spruyt Eddy Merckx 13.ª 11 de xullo Avignon - Montpellier 126 Barry Hoban Eddy Merckx 14.ª 12 de xullo Lodève - Colomiers 248.5 Jean-Pierre Genet Eddy Merckx 15.ª 13 de xullo Colomiers - La Seu d'Urgell 225 Eddy Merckx Eddy Merckx 16.ª 14 de xullo La Seu d'Urgell - Pla d'Adet 209 Raymond Poulidor Eddy Merckx 17.ª 15 de xullo Saint-Lary-Soulan - Col du Tourmalet 119 Jean-Pierre Danguillaume Eddy Merckx 18.ª 16 de xullo Bagnères-de-Bigorre - Pau 141.5 Jean-Pierre Danguillaume Eddy Merckx 19.ª (1) 17 de xullo Pau - Bordeos 195.5 Francis Campaner Eddy Merckx 19.ª (2) 18 de xullo Bordeos - Bordeos 12.4 (CRI) Eddy Merckx Eddy Merckx 20.ª 19 de xullo Saint-Gilles-Croix-de-Vie - Nantes 117 Gérard Vianen Eddy Merckx 21.ª (1) 20 de xullo Vouvray - Orleáns 112.5 Eddy Merckx Eddy Merckx 21.ª (2) 20 de xullo Orleáns - Orleáns 37.5 (CRI) Michel Pollentier Eddy Merckx 22.ª 21 de xullo Orleáns - París 146 Eddy Merckx Eddy Merckx
Clasificación final Eddy Merckx acadou o seu 5º Tour de Francia, igualando a cifra récord de 5 Tours acadada 10 anos antes polo francés Jacques Anquetil. Os 10 primeiros postos da clasificación xeral do Tour de Francia 1974 quedou do seguinte xeito: miniatura|300px|Eddy Merckx en 1974. PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Eddy Merckx Molteni 116h 16' 58" 2 Raymond Poulidor Gan-Mercier + 8' 04" 3 Vicente López Carril KAS + 8' 09" 4 Wladimiro Panizza Brooklyn + 10' 59" 5 Gonzalo Aja KAS + 11' 24" 6 Joaquim Agostinho Bic + 14' 24″ 7 Michel Pollentier Carpentier + 16' 34″ 8 Mariano Martínez Sonolor + 18' 33″ 9 Alain Santy Gan-Mercier + 19' 55″ 10 Herman Van Springel Mic + 24' 11″ O resultado final do Tour de Francia 1974 supuxo o primeiro podio dun ciclista galego na historia da carreira máis importante do mundo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Clasificación xeral do Tour de Francia 1974 Tour de Francia 1974 Outros artigos
Categoría:Tour de Francia Categoría:Ciclismo en 1974