Honorato López Ventín, nado en Cesantes (Redondela) o 4 de marzo de 1914 e finado o 13 de febreiro de 1993, foi un futbolista galego, máis coñecido como Cabezo II. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi irmán do tamén futbolista Rafael López Ventín.

Traxectoria Comezou xogando de dianteiro pero unha lesión de menisco obrigouno a pasar á portería para xogar de gardameta. A súa traxectoria profesional comeza no Eiriña CF de Pontevedra na tempada 1934-35. Despois da Guerra Civil Española debutou en Primeira División co Real Zaragoza disputando 13 encontros. A tempada seguinte volve a Galicia para xogar no Deportivo da Coruña en Segunda División.

En outubro de 1942 deixa o Deportivo para fichar polo Real Betis, que descendería a Segunda esa mesma tempada co concurso de Cabezo en 16 encontros. Na tempada 1944-45 a directiva do Celta de Vigo, acabado de descender a Segunda División, fixo un grande esforzo con colaboración da industria e comercio da cidade para reforzar a portería con Hernández e Cabezo. Pese a alternarse os primeiros encontros entre as dúas fichaches a chegada de Gonzalo Marzá relegounos aos dous á suplencia.

Porén xogaría o decisivo encontro contra o Cultural Leonesa no que o Celta se asegurou disputar a promoción que o levaría de novo a Primeira División. Sería o seu último encontro co Celta.

Despois de deixar o fútbol, foi inspector rexional de Culmen S.A., compañía española de capitalización. Ademais, foi adestrador do Club Deportivo Choco

Vida persoal

Casou con Teresa Gómez Dacosta, finada en 1969

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Eiriña CF Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en Redondela