miniatura|dereita|Presa, encoro das Forcadas. miniatura|dereita|Vista do encoro. O encoro das Forcadas construíuse en 1966 na cunca do río das Forcadas á altura das parroquias de Vilaboa e Loira, no concello de Valdoviño, para fornecer de auga á comarca de Ferrolterra. O encoro é propiedade do Concello de Ferrol e está xestionado por Emafesa. O concello de Ferrol págalle ao de Valdoviño en concepto de Imposto de Bens Inmobles 268,79 euros anuais"La propiedad de As Forcadas enfrenta a Ferrol y Valdoviño", artigo en La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2009..
Hidroeléctrica de Ferrerías
As orixes da eléctrica de Ferrerías e o aproveitamento eléctrico do río Forcadas son de Bartolomé Freire Lago, fundador de Megasa. O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas por concesión do 2 de xuño de 1956 cun caudal de 1.200 l/s nun salto de 136,5 m. Unha condución de tres quilómetros de lonxitude, cun tramo intermedio de cerca de setecentos metros en túnel. A nova central ten unha potencia instalada de 1.320 kW transportada nunha nova liña eléctrica ata Xuvia.
Hidroeléctrica das Forcadas conectaríase posteriormente á rede eléctrica de FENOSA, cando ampliou as súas instalacións e conectáronse os saltos do Eume en 1960 e Belesar en 1963.
A captación de auga para a hidroeléctrica de Ferrerías está unhas ducias de metros augas abaixo do encoro das Forcadas (construído en 1960). O encoro das Forcadas tiña unha capacidade de 8 hm³, ampliado en 1980 ata os actuais 11 hm³. Este novo encoro alterou de maneira significativa a dinámica fluvial augas abaixo do encoro e as condicións de funcionamento e explotación da hidroeléctrica de MEGASA que pechou en 1965. Entón a produción media anual era duns 3.100 MWh.
O edificio da central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) é de planta rectangular e está moi preto da estrada Ferrol-Cedeira, na desembocadura do río Forcadas na ría de Cedeira. A empresa Hidrospan SA puxo de novo en funcionamento a central na década de 1980 con financiamento de SODIGA e co nome de Hidroeléctrica del Forcadas SA.
Despois dos estudos o caudal da central de Ferrerías fixouse en 1 m³/s para un salto bruto de 137 m. A potencia fixada foi de 1.310 kW de potencia nominal e dous grupos turbina-alternador cun total de 1.967 kW instalados nunha turbina Francis de 1.310 kW e unha turbina Pelton de 657 kWCentral Hidroeléctrica de Las Forcadas Asociación Galega de Patrimonio Industrial Buxa.
Encoro das Forcadas dereita|miniatura|250px|Encoro das Forcadas. Encoro das ForcadasSuperficie do encoro 151 Ha Capacidade do encoro11 hm³ Altura da presa21 m Lonxitude da presa 182 mHidroeléctrica das Forcadas Potencia 1.967 kW
Ao redor do encoro hai unha estrada de 12 km que o percorre na súa totalidade. No encoro pódese facer diversas actividades de lecer: Pesca, a pé na ribeira ou en embarcacións sen motor. Vela lixeira. Hai club náutico e escola de vela, piragüismo e remo. Barranquismo nos ríos que fornecen o encoro. Fotografía. Na contorna hai diversas especies de aves.
Servizo O encoro das Forcadas xestionado por EMAFESA fornece aos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Mugardos, Ares e en parte Neda. Hai captacións distintas como a que fornece a Neda, que ven case por completo do río Belelle ou a do río Xuvia en Narón que xa non se emprega. Valdoviño ten ETAP propia no Cameleiro. A auga do encoro das Forcadas chega por 17,4 km de conducións á ETAP de Catabois (Ferrol) para ser potabilizadaInforme Técnico – Sistema de abastecimiento del embalse de Forcadas . Augas de Galicia, PDF .. O ciclo da auga remata na EDAR de Cabo Prioriño (Ferrol).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Megasa Lista de encoros de Galicia
Ligazóns externas Páxina web de Emafesa propietaria e xestora do encoro Localización do encoro .
Categoría:Valdoviño Forcadas