Galicia Confidencial é un xornal galego que comezou a editarse en 2003 en formato blog. Foi fundado por Xurxo Salgado. Actualmente é un dos xornais en galego de referencia, sendo un dos sitos web máis visitados en Galicia. No ano 2017, segundo a clasificación global de Alexa, Galicia Confidencial ocupaba o terceiro posto entre os xornais de Galicia, só superado polos sitios web de La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
miniatura|Xurxo Salgado, creador da publicación.
En canto ó seu financiamento, os orzamentos do xornal fornécense na meirande parte de microachegas proporcionadas polos propios lectores, así como doazóns anónimas e subscricións ao servizo Galicia Confidencial Plus, ademais de publicidade. Diversas personalidades, sobre todo políticos, colaboran semanalmente nas súas páxinas de opinión. Entre eles destacan o escritor Séchu Sende, políticos como Carlos Aymerich, Santi Domínguez ou Guillerme Vázquez (BNG), Telmo Martín (PP), Mar Barcón (PSdeG), Rafael Cuíña (CxG), ou Carlos Vázquez Padín (CXXI).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas GaliciaConfidencial.gal
Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Xornais en lingua galega Categoría:Sitios web en galego