Jingpo Lacus é un lago situado no polo norte de Titán, a lúa máis grande de Saturno. Ten un tamaño semellante ó do Lago Ontario e é o lago máis grande de Titán despois dos tres Maria (Kraken Mare, Ligeia Mare e Punga Mare). Está composto principalmente de hidrocarburos (sobre todo de metano e etano). Está situado ó oeste do Kraken Mare, exactamente sobre as coordenadas 73° N e 336° O, ten ó redor de 240 km de longo, de tamaño semellante ó que posúe na Terra o Lago Onega. O seu nome provén do lago do mesmo nome situado na China.
O 8 de xullo do 2009, a sonda Cassini observou a través do seu espectómetro (VIMS) unha reflexión especular no infravermello (nos 5 micrómetros) de Jingpo Lacus a 71º N e 337° O. Este fora ás veces descrito, cando aínda non se tiñan datos máis precisos, coma o litoral noroeste do Kraken Mare, xa que non se sabia se a liña de costa do Kraken Mare era estable. As reflexións especulares son indicativas dunha superficie lisa, de espello, sendo así, a observación corrobora a inferencia da presenza dun gran corpo líquido suxerido a través de imaxes de radar tomadas previamente. A observación foi feita despois de que a rexión do polo norte saíse da escuridade dun inverno de case 15 anos de duración.
400px|miniatura|Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Podemos ver ó completo e cara a esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, podemos ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula, ó noroeste do Kraken Mare está ó Jingpo Lacus, e máis o norte (case sobre o polo) podemos ver parte do Punga Mare.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán Kraken Mare Punga Mare
Ligazóns externas Map of the liquid bodies in the north polar region of Titan
Categoría:Titán