O Tour de Francia 2003 foi a 90ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 5 de xullo e rematou o 27 de xullo na mesma cidade de París.

Nesta edición tomaron a saída 22 equipos, formados por 9 corredores cada un, de xeito que o número de participantes total foi de 198, do cales remataron a carreira 147. Non obstante, algúns dos ciclistas que conseguiron completar o percorrido completo da proba, foron posteriormente descalificados por motivos de dopaxe, como foi o caso do gañador, Lance Armstrong. Entre o pelotón houbo tan só un representante galego, o redondelán Marcos Serrano, do equipo ONCE-Eroski, que correu co dorsal 18 e rematou a proba na 68ª posición

O Tour 2003 presentábase como un man a man entre os 3 corredores que dominaran o podio nas últimas edicións, é dicir, Lance Armstrong, Jan Ullrich e Joseba Beloki, coa presenza doutros candidatos a ocupar un posto no podio, como Alexander Vinocurov, Roberto Heras, Iban Mayo ou Gilberto Simoni, algún dos cales non estivo á altura do que se agardaba del.

A primeira semana de carreira foi intrascendente, cunha prólogo individual, varias etapas chas nas que se chegou ó sprint, e unha contra o reloxo por equipos. Co comezo da segunda semana chegaron os Alpes. Na primeira etapa de montaña gañou o escalador francés Richard Virenque, que colleu o liderado da carreira. Non obstante ese primeiro posto só lle durou un día, pois na segunda etapa, con meta en Alpe d'Huez, o americano Lance Armstrong púxose o maillot amarelo. A terceira etapa alpina sería a que marcaría ese Tour. Nela Joseba Beloki sufriu unha grave caída cando atacaba ó líder da carreira, quedando moi ferido, e sendo levado a un hospital. O resto daquel Tour foi un man a man entre Lance Armstrong e Jan Ullrich (o alemán gañou a contra o reloxo de 47 quilómetros da 12ª etapa mentres que o americano gañou a etapa pirenaica de Luz Ardiden na 15ª etapa), chegando a París con tan só un minuto e un segundo de diferenza dun sobre o outro. Con aquela vitoria, o americano acadaba o seu quinto Tour de Francia, e igualaba no máis alto do palmarés a Jacques Anquetil, Eddy Merckx, Bernard Hinault e Miguel Indurain. Pasarían 9 anos ata que a UCI tomase a decisión de sancionar ó ciclista texano retirándolle tódalas súas vitorias, e polo tanto tamén esta, incluídas as vitorias de etapa.

Etapas Etapa DataPercorrido Km Gañador Líder Prólogo 5 de xullo París-París 6,5 (CRI) Bradley McGee Bradley McGee 1.ª 6 de xullo Saint Denis-Meaux 168 Alessandro Petacchi Bradley McGee 2.ª 7 de xullo La Ferté sous Jouarre-Sedan 204,5 Baden Cooke Bradley McGee 3.ª 8 de xullo Charleville Mézières-Saint Dizier 167,5 Alessandro Petacchi Jean-Patrick Nazon 4.ª 9 de xullo Joinville-Saint Dizier 69 (CRE) US Postal Víctor Hugo Peña 5.ª 10 de xullo Troyes-Nevers 196,5 Alessandro Petacchi Víctor Hugo Peña 6.ª 11 de xullo Nevers-Lión 230 Alessandro Petacchi Víctor Hugo Peña 7.ª 12 de xullo Lión-Morzine 230,5 Richard Virenque Richard Virenque 8.ª 13 de xullo Sallanches-Alpe d'Huez 219 Iban Mayo Lance Armstrong 9.ª 14 de xullo Le Bourg d'Oisans-Gap 184,5 Alexander Vinocurov Lance Armstrong 10.ª 15 de xullo Gap-Marsella 219,5 Jakob Piil Lance Armstrong 11.ª 17 de xullo Narbona-Tolosa 153,5 Juan Antonio Flecha Lance Armstrong 12.ª 18 de xullo Gaillac-Cap découverte 47 (CRI) Jan Ullrich Lance Armstrong 13.ª 19 de xullo Tolosa-Ax 3 Domaines 197,5 Carlos Sastre Lance Armstrong 14.ª 20 de xullo Saint Girons-Loudenvielle 191,5 Gilberto Simoni Lance Armstrong 15.ª 21 de xullo Bagnères-de-Bigorre-Luz Ardiden 159,5 Lance Armstrong Sen gañador Lance Armstrong 16ª 23 de xullo Pau-Baiona 197,5 Tyler Hamilton Lance Armstrong 17.ª 24 de xullo Dax-Bordeos 181 Servais Knaven Lance Armstrong 18.ª 25 de xullo Bordeos-Saint Maixent-'École 203,5 Pablo Lastras Lance Armstrong 19.ª 26 de xullo Pornic-Nantes 49 (CRI) David Millar Lance Armstrong 20.ª 27 de xullo Ville d'Avray-París 152 Jean-Patrick Nazon Lance Armstrong

Clasificación xeral Así quedaron as primeiras posicións da clasificación xeral do Tour de Francia 2003 trala disputa da proba e trala descualificación de Lance Armstrong por parte da UCI en 2012. 250px|miniatura|Lance Armstrong co maillot amarelo tras a etapa de Alpe d'Huez. PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Vacante - - Desc. Lance Armstrong US Postal 83h 41' 12" 2 Jan Ullrich Bianchi + 1' 01" 3 Alexander Vinocurov Deutsche Telekom + 4' 14" 4 Tyler Hamilton CSC + 6' 17" 5 Haimar Zubeldia Euskaltel-Euskadi + 6' 51" 6 Iban Mayo Euskaltel-Euskadi + 7' 06" 7 Ivan Basso Fassa Bortolo + 10' 12" 8 Christophe Moreau Credit Agricole + 12' 28" 9 Carlos Sastre CSC + 18' 49" 10 Francisco Mancebo iBanesto.com + 19' 15" 68 Marcos Serrano ONCE-Eroski + 2h 07' 26"

Véxase tamén Outros artigos Giro de Italia 2003 Vuelta a España 2003

Ligazóns externas Páxina do Tour de Francia 2003 Información sobre o Tour 2003 en cyclingnews

Categoría:Ciclismo en 2003 Categoría:Tour de Francia