María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.
Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.
Traxectoria Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.Lista para a batalla · elpais.com Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.
Casou, polo civil e no Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).
Carreira política En 2000, logo de exercer como avogada do Estado en León, iniciouse en política como asesora do entón ministro Mariano Rajoy,Diario el País, 6 de abril de 2008 ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.
É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría
Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.
Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.
O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com
Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es
O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidÍenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e voceira do executivo presidido por Mariano Rajoy., cargo que ostentou ata o 3 de novembro de 2016.
Dende 2012 foi presidenta do Padroado da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas.
En 2014 asumiu como interina os Ministerios de Xustiza (23-29 de setembro) e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (26 de novembro - 3 de decembro) ao seren cesados os respectivos titulares e antes de que se levara a cabo nomeamento dos substitutos.
Durante a XI Lexislatura das Cortes Xerais (2016), exerceu en funcións os seus cargos no goberno de España, pois esa lexislatura esgotouse antes de tempo por mor da imposibilidade do Congreso para investir un presidente de goberno polo que se produciu a disolución automática das cámaras lexislativas (Congreso e Senado) e a conseguinte nova convocatoria electoral.
Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en Íñigo Méndez de Vigo.
O 7 de xuño de 2018 deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra Mariano Rajoy e ser investido presidente Pedro Sánchez. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos, foi a máis votada na primeira rolda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante Pablo Casado, que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía oficial (Congreso dos Deputados)
Categoría:Políticos de Castela e León Categoría:Políticos do PP Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Ministros da Presidencia de España Categoría:Vicepresidentes do goberno de España Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)