Itziar Ituño Martínez, nada en Basauri (Biscaia) o 18 de xuño de 1974, é unha actriz vasca principalmente coñecida por interpretar o papel de Nekane na serie de televisión Goenkale.

Traxectoria Itziar Ituño estudou teatro na escola de teatro de Basauri. Tamén está licenciada en socioloxía. A súa lingua materna é o castelán, máis cando tiña 19 anos aprendeu vasco, o que lle permitiu actuar na television publica vasca. A súa primeira película foi Agur Olentzero, agur (Adeus Olentzero, Adeus) no ano 1997. No 2001 empezou a traballar na telenovela Goenkale. Nesta interpretou o papel de Nekane Beitia, unha policía lesbiana da localidade de Arralde. Seguiu co papel ata o ano 2015, cando o programa foi cancelado. Continuou a traballar participando en Loreak e Igelak, nos anos 2015 e 2016. No 2017, conseguiu o papel de Raquel Murillo en La casa de papel, emitida por Antena 3 e despois comprada por Netflix.

Ademais da súa carreira no cine, televisión e teatro tamén é cantante en tres bandas: Dangiliske, EZ3, e INGOT. O 26 de setembro de 2017, presentou a Gala do Cine Vasco e a gala da EITB na edición número 65 do Festival internacional de Donostia.

O domingo 14 de xaneiro de 2024 participou na cabeceira dunha manifestación en contra da dispersión carceraria e a favor da excarceración dos presos da organización terrorista ETA, acción que foi criticada en redes sociais e provocou a desvinculación respecto da súa persoa dun concesionario de coches da marca BMW.

Filmografía Televisión Agur Olentzero, agur (1997), Ander eta konpainia (2000), ETB 1. Teilatupean (2000–2001), ETB 1. Platos sucios (2002), ETB 2. Kilker Dema (2002), ETB 1. Goenkale (2001–2015), ETB 1, Nekane Beitia. Cuéntame cómo pasó (2016), TVE, Koro Zabaleta. Pulsaciones (2017), Antena 3. La casa de papel (2017-2019), Antena 3, Raquel Murillo.

Cinema

Agujeros en el cielo (2001). El final de la noche (2003). Arkadia (2005). Dragoi Ehiztaria (El cazador de dragones)(2010). Izarren Argia (2010). Loreak (2014). Lasa eta Zabala (2014). El Buen Mal (2014). Un otoño sin Berlin (2015). Igelak (2016). Errementari (2017). For the Good Times (2017). Tarde para el recreo (2017). Basque Selfie (2018) El silencio de la ciudad blanca (2019).

Teatro

Izarrak/Estrellas (2003). Pakitarentzat Bakarrik (2004). Zeta/Seda (2005). Jostailuen Istorioak/Historia de juguetes (2005). Lapurzuola/Cueva de ladrones (2007). Grönholm Metodoa (2008). AURI-AURI (2010). Ilunpetan/El Apagón (2010). Amantalaren Ahotsa (2011). Herioa eta Dontzeila (2012). Hitzak/Palabras (2013–2014). Koadernoa Zuri/Cuaderno en blanco (2016–2017). Desoxirribonucleico (2017). Funtzak (2017). Yo soy Pichichi (2018).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Basauri Categoría:Nados en 1974