miniatura|Vocación dos fillos de Zebedeo.

Marco Basaiti, nado contra 1470 e finado en 1527, foi un pintor veneciano.

Traxectoria Non se sabe onde naceu, probablemente no Friúl, aínda que podería ter unha orixe balcánica, as súas obras máis antigas datan de 1496 e hai a crenza xeneralizada que foi discípulo de Alvise Vivarini. Basaiti pintou sobre todo temas relixiosos, aínda que tamén fixo retratos. Na súa pintura empregou cores brillantes, ao contrario que a maioría dos seus contemporáneos.

Entre as súas obras máis coñecidas están San Sebastián ou Cristo rezando no Xardín (1516). Véxase tamén

Categoría:Pintores de Italia Categoría:Finados en 1527