O rastro que deixamos é un libro do autor vilalbés Agustín Fernández Paz, publicado por Xerais a finais do ano 2012, e cuxa edición foi supervisada por Isabel Soto. Consta de 240 páxinas e está publicado dentro da colección Crónica. Trátase dunha recompilación de traballo de Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, así como algúns outros que permanecían inéditos. Van en dúas liñas fundamentais: a memoria da infancia e o oficio da escrita.

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Agustín Fernández Paz