La Voz de Barcala foi un periódico editado en Negreira entre 1933 e 1935.
Historia e características Subtitulado Órgano mensual de la Federación Agro-Pecuaria del Distrito de Negreira, apareceu o 1 de agosto de 1933. Saía das imprentas compostelás La Comercial e, dende o número 3, de Nós. Estaba dirixido por Manuel Riveiro Barreiro e entre os seus colaboradores figuraron Avelino Pousa Antelo, Xulián Magariños, Roberto Blanco Torres, Joaquín Poza Juncal, Cruz Gallástegui e Pedro Urquijo Landaluce. Mostrou inquietudes teóricas e políticas de liña galeguista e progresista (defendeu a autonomía) e unha inclinación ao terreo técnico-pecuario (reivindicando as sociedades agrarias e os sindicatos agrícolas). O último número (número 22) publicouse o 1 de maio de 1935.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Negreira Categoría:1933 en Galicia Categoría:Prensa agraria