Antonio Puig Gaite, nado en Pontevedra o 22 de agosto de 1907 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1993, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Fillo de Javier Puig Llamas. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Farmacia, a finais dos anos trinta fíxose cargo da farmacia do seu tío e padriño Enrique Eiras (casado con Concha Puig) en Pontevedra. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario do xefe provincial de Falange Manuel Castro Pena. Incorporouse ao exército sublevado nunha bandeira de Falange. Cando rematou a guerra foi nomeado secretario provincial de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado da Vieja Guardia en Pontevedra. Foi Conselleiro nacional do Movimiento, procurador en Cortes (1955, 1958, 1961, 1964, 1967 e 1971), vicepresidente da Deputación de Pontevedra (1957-1965), Prohombre da Hermandad Sindical Provincial de Labradores y Ganaderos de Pontevedra e alcalde de Pontevedra (1971). Na transición foi candidato de Alianza Popular ao Senado nas eleccións de 1977.

Foi presidente do Pontevedra Club de Fútbol (1951-1956). Finou en Pontevedra o 4 de maio de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-5-1993, p. 82.

Recoñecementos Orden de Cisneros, 1952.El Pueblo Gallego, 20-7-1952, p. 2.

Orde Imperial del Yugo y las Flechas, 1962. Vida persoal Casou con Elisa Pérez-Quevedo Asenjo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Falanxistas Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Farmacéuticos de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presidentes do Pontevedra CF