Heterodon é un xénero de cobras inofensivas da familia Colubridae endémicas de América do Norte.Platt, Dwight R. 1983. Heterodon. Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Society for the Study of Amphibians and Reptiles, 351: 1-2. Son robustas con morros que apuntan cara a arriba e son coñecidas por facer unha exhibición característica ante as ameazas. No xénero recoñécense actualmente tres especies. En Norteamérica chámanlles "serpes de fociño de porco" (hognosed snakes).Wright AH, Wright AA. 1957. Handbook of Snakes of the United States and Canada. Ithaca and London: Comstock Publishing Associates. (7th printing, 1985). 1,105 pp. (in 2 volumes) . (Genus Heterodon, p. 296 + Figure 25 on p. 81 + Map 28 on p. 298.)

Descrición

esquerda|miniatura|Heterodon nasicus Os adultos crecen ata os 30–120 cm de lonxitude total. O corpo é robusto e a cabeza está lixeiramente diferenciada do pescozo. Este último é expandible, porque as costelas anteriores poden estenderse e aplanar esa porción do corpo, de xeito similar ao que fan as Naja (que son doutra familia). A cola é curta e a escama anal está dividida. As escamas dorsais son carenadas con pociños apicais en 23-25 ringleiras. A escama rostral proxéctase e está apuntando cara a arriba, recurvada e carenada dorsalmente. Adoita haber de 1 a 20 escamas accesorias (azigas) que separan as internasais e as prefrontais. Hai un anel subocular con 8-12 escamas oculares. Hai 7-8 labiais superiores e 9-13 labiais inferiores. As ventrais son 114-152 e as subcaudais 27-60.

O padrón de cores é extremadamente variable. H. nasicus adoita ser de cor area con marcas brancas e negras, mentres que H. platirhinos varía de vermella, a verde, laranxa, marrón ou negra dependendo da localidade. Hai exemplares con manchas e ás veces de cores non mesturadas (sólidas).

Os membros deste xénero teñen os dentes maxilares agrandados, dous a cada lado e posúen unha saliva lixeiramente tóxica. Nuns poucos casos as trabadas de H. nasicus orixinaron síntomas; os síntomas poden ser desde ningún en absoluto a un suave formigo, inchamento e proído na pel. Non obstante, considéranse xeralmente inofensivas para os humanos.Are Hognosed Snakes Venomous? at Hognose.com. Consultado o 2 de agosto de 2008.

A característica distintiva destas cobras é o seu morro dirixido cara ariba, que se cre lles axuda a escavar no solo areoso.

Comportamento

Cando están ameazadas aplanan e estenden lateralmente o pescozo e elevan a cabeza do chan, de xeito similar ao que fan as Naja, e bufan. Poden ás veces finxir ataques, pero son extremadamente remisas a morder. Se esta exhibición de ameaza non funciona para disuadir a un posible predador, esta cobra enrólase sobre o seu dorso e faise a morta coa boca aberta e a lingua fóra, chegando mesmo a expulsar almiscre fedorento pola cloaca. A emisión de almiscre cloacal é considerablemente menos probable que en moitas outras especies. Se esta cobra está enrolada boca arriba, mentres está nese estado pode enroscarse outra vez como para insistir en que está realmente morta.

Desafortunadamente para elas, debido ao seu aspecto e a exhibición defensiva impresionante que fan, son a miúdo confundidas coas velenosas Agkistrodon contortrix e a xente mátaas. Isto é especialmente certo nas rexións do sueste dos Estados Unidos, onde abundan as Agkistrodon, en comparación con outras áreas que as dúas serpes comparten.It's not a copperhead! en southernzombie.com . Consultado o 31 de agosto de 2009.

Alimentación

O groso da dieta das Heterodon son roedores e lagartos. H. platirhinos é unha excepción e especialízase en alimentarse de sapos, xa que ten inmunidade ás toxinas que segregan os sapos.

Catividade

As Heterodon úsanse frecuentemente no comercio de animais de compañía exóticos. H. nasicus adoita considerarse a que é máis fácil de coidar e é doada de atopar criada en catividade. H. platirhinos tamén se encontra comunmente, mais as súas necesidades dietéticas poden ser unha complicación para moitos dos seus donos.

Especies EspeciesAutoridadeSubespecies*Distribución xeográficaBehler JL, King FW. 1979. The Audubon Society Field Guide to North American Reptiles and Amphibians. New York: Alfred A. Knopf. 743 pp. LCCCN 79-2217. .H. kennerlyiKennicott, 18600Sur de Texas ata o norte de México. Ás veces considerada subespecie de H. nasicusH. nasicusBaird & Girard, 18522 (ás veces elevadas á categoría de especies baseándose en caracteres de dúas escamas)Sur de Alberta e suroeste de Manitoba no Canadá, do sur ao sueste de Arizona e Texas nos Estados Unidos. Hai poboacións disxuntas en Minnesota, Wisconsin, Iowa, Illinois, Missouri e Arkansas.H. platirhinosLatreille, 18010Estados Unidos: do centro leste de Minnesota ata o extremo sur de Nova Hampshire, do sur de Florida e do oeste ao leste de Texas e oeste de Kansas.H. simus(Linnaeus, 1766)0Estados Unidos: desde as chairas costeiras do sueste de Carolina do Norte ao sur do lago Okeechobee en Florida e do oeste ao sueste de Mississippi. * Non se inclúe a subespecie nominotípica

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Bibliografía Goin, Coleman J.; Olive B. Goin; George R. Zug. (1978). Introduction to Herpetology, Third Edition. San Francisco: W.H. Freeman. xi + 378 pp. . (Heterodon, pp. 149, 167, 328-329.) Latreille, P.A. In Sonnini, C.S. and P.A. Latreille. (1801). Histoire naturelle des reptiles, avec figures dessinées d'apres nature; Tome IV. Seconde Partie. Serpens. Paris: Crapelet. 410 pp. (Genus Heterodon, p. 32.) Schmidt, K.P., and D.D. Davis. 1941. Field Book of Snakes of the United States and Canada. G.P. Putnam's Sons. New York. 365 pp. ("THE HOG-NOSED SNAKES (Heterodon)", pp. 115–118, Figures 25. & 26. + Plate 11 on p. 331.) Zim, H.S., and H.M. Smith. 1956. Reptiles and Amphibians: A Guide to Familiar Species. A Golden Nature Guide. Simon and Schuster. New York. 160 pp. ("HOG-NOSED SNAKE", "Heterodon nasicus and H. platyrhinos [sic]", pp. 81, 156.)

Categoría:Colúbridos