O Real Seminario Conciliar de Santa Catarina, coñecido tamén como Seminario de Mondoñedo, é un centro de estudos da Igrexa Católica situado en Mondoñedo e adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol, destacado como lugar dinamizador da cultura e o galeguismo (por exemplo, fundamental na fundación do neovirxilianismo poético) dende os séculos XIX e XX. Entre os sacerdotes saídos deste seminario estiveron:

Daniel Pernas Nieto, escritor (1884-1946). Francisco Fanego Losada, profesor e escritor (1887-1974). Xosé Crecente Vega, escritor (1896-1948). Xosé Chao Rego, escritor e teólogo (n. 1932), profesor no Seminario. Dino Pacio Lindín, sociólogo e profesor (n. 1934) José María Rodríguez Díaz, activista (1935-2017), despois secularizado. Xosé Manuel Carballo Ferreiro, escritor e animador (n. 1944). Segundo Leonardo Pérez López, historiador e arquiveiro (n. 1948). Con todo, entre os seus egresados tamén figuran segrares: Luis de Trelles (1819-1891). Manuel María García Castro, poeta da revista El Agricultor (1873-1949). Nicomedes Pastor Díaz, escritor e político (1811-1863). Vicente Álvarez Miranda, poeta e militar (1815-1858). Justo Rodríguez Alba, enxeñeiro e escritor (1833-1899).

Patricio Delgado Luaces, escritor (1850-1900). Manuel Leiras Pulpeiro, escritor (1854-1912).

Antonio Noriega Varela, escritor (1869-1947). Lois Peña Novo, político (1893-1967). Xosé Trapero Pardo, escritor e xornalista (1900-1995). Aquilino Iglesia Alvariño, escritor (1909-1961). Xosé María Díaz Castro, escritor (1914-1990). José Martinho Montero Santalha, teólogo e lingüista (n. 1947). Roberto Vilar, actor (1971- ). Daniel Vega Pérez, político (1983- )

O arquiveiro e cronista oficial de Mondoñedo Eduardo Lence-Santar (1879-1960) centrouse no seminario para a súa obra de 1909 El Seminario de Mondoñedo. O seminario de Mondoñedo tamén aparece na trama do libro Ilustrísima, de Carlos Casares.

Mondoñedo Categoría:Catolicismo en Galicia Categoría:Mondoñedo Categoría:Organizacións católicas de España