O Club Deportivo Unión Estudiantil (CDUE), alcumado como o Albiverde, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de San Juan (Arxentina). O club fundouse o 13 de febreiro de 1946 e compite na máxima categoría do hóckey a patíns arxentino, Liga Nacional A1, competición que gañou nunha ocasión. Ten equipos nas categorías masculina e feminina.

Palmarés Masculino 6 Campionato Suramericano: 1988, 1992, 1993, 1994, 2000 e 2001 1 Liga Nacional A1: 2006 14 Campionatos de San Juan: 1955, 1959, 1960, 1961, 1965, 1966, 1968, 1971, 1972, 1974, 1977, 1978, 1980 e 1988 2 Campionatos Nacionais: 1998 e 1999

Feminino 1 Liga Nacional: 2006 1 Campionato Nacional: 2005

Véxase tamén

Ligazóns externas C.D.U.E. en www.mundook.net C.D.U.E. en www.radiopatinando.com.ar

Estudiantil