Yohan Blake, nado en Saint James (Xamaica) o 26 de decembro de 1989, é un atleta xamaicano de velocidade. Gañou unha medalla de ouro nas remudas de 4×100 metros nos Xogos Olímpicos de 2012 amais de dúas medallas de prata, nos 100 e 200 metros. É coñecido como A Besta ("Beast").

A mellor marca persoal de Blake nos 100 metros é de 9,69 segundos, o que o converte, xunto a Tyson Gay, no home máis rápido do mundo despois de Usain Bolt. A súa mellor marca para os 200 metros (19,26 segundos) é a mellor despois de Bolt. Ten o récord nacional xuvenil nos 100 metros e é o velocista máis novo en romper a barreira dos 10 segundos (aos 19 anos e 196 días).

En 2009, xunto con outros tres velocistas, foi suspendido por tres meses tras dar positivo cunha substancia similar a un estimulante prohibido.

Foi adestrado por Glen Mills. os seus compañeiros de adestramento son Usain Bolt e Daniel Bailey.

Traxectoria Primeiros anos Chegou a St. Jago High School, unha cidade onde o primeiro deporte era o crícket. Blake era un xogador de birlos, e foi só despois de que o director da escola vise o rápido que correu ao portelo da escola, que lle insistiu en que se dedicase á velocidade.

Júnior Blake marcou o mellor tempo e estableceu un novo récord júnior nos Xogos CARIFTA celebrados no Turks e Caicos en 2007, onde tamén levou ao seu equipo ao ouro nas remudas 4×100 metros. Nesta ocasión, foi galardoado co Trofeo Austin Sealy ao atleta máis destacado do campionato.

No 2008 cando se lle preguntou a Usain Bolt se había algún velocista que o puidese desafiar, Bolt sinalou o seu compañeiro de adestramento, Blake, dicindo:

Blake gañou a carreira dos 100 metros "B" no 2009 Reebok Grand Prix. As súas fazañas na Golden Gala en xullo representaron unha clara mellora no seu rendemento. Demostrou ser un serio competidor no nivel superior: tomou o terceiro lugar despois de Tyson Gay e Asafa Powell e mellorou a súa marca persoal rompendo a barreira dos 10 segundos cunha marca de 9,96 segundos, converténdose no atleta mais novo en facelo. Mellorou a 9,93 segundos quedando en terceiro lugar tralos seus compañeiros de adestramento, Bolt e Daniel Bailey na reunión de Areva.Turner, Chris beats rain again, 9.79sec into slight head wind in Paris – REPORT – ÅF Golden League IAAF, 17 de xullo de 2009. Consultado o 12 de outubro de 2019.

Prohibición de drogas Antes do Campionato do Mundo de 2009, Blake (xunto con Marvin Anderson e Sheri-Ann Brooks) deu positivo no estimulante 4-Metil-2-hexanamina. Unha comisión disciplinar organizada pola Comisión Antidopaxe de Xamaica (JADCO) exonerouno dunha infracción de dopaxe alegando que a droga non estaba na lista da Axencia Mundial Antidopaxe. Pero a JADCO apelou o fallo da súa propia comisión, indicando que o atleta debía ser sancionado posto que o fármaco tiña unha estrutura similar á substancia prohibida tuaminoheptano. O tribunal de apelación decidiu que a sanción era apropiada, e Blake e os outros tres velocistas recibiron unha sanción de tres meses de suspensión.

Notas

Categoría:Atletas olímpicos de Xamaica Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Xamaica Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Xamaica Categoría:Nados en 1989 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Nados en Xamaica