Andoni Cedrún Ibarra, nado o 5 de xuño de 1960 en Durango (Biscaia) foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta. Fillo do tamén gardameta Carmelo Cedrún.
Traxectoria Formouse no Cultural de Durango pronto pasou as categorías inferiores do Athletic de Bilbao, debutou co primeiro equipo con 20 anos, o 7 de decembro de 1980. Aínda que desfrutou dalgunha oportunidade no once inicial do club bilbaíno sempre estivo a sombra do porteiro titular, Andoni Zubizarreta, polo que ao cabo de tres anos marcha cedido ao Cádiz CF, en Primeira División.
En Cádiz xogaría so unha tempada xa que no ano 1984 ficha polo Real Zaragoza, onde se fixo coa titularidade dende o principio. Andoni Cedrún militou no Zaragoza un total de doce tempadas consecutivas, gañando dúas Copas do Rei (1985-86 e 1993-94) e unha Recopa de Europa na tempada 1994-95.
O seu último equipo foi o CD Logroñés onde militou na tempada 1996-97.
Palmarés TítuloAnoClubLiga española de fútbol1982-83Athletic de BilbaoCopa do Rei1985-86Real ZaragozaCopa do Rei1993-94Real ZaragozaRecopa de Europa1994-95Real Zaragoza
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Durango, Biscaia Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21