Brave é un filme estadounidense de animación do estudio Pixar que foi dirixido por Mark Andrews e estreado no 2012.
Sinopse Merida, a indómita filla do Rei escocés Fergus e da Raíña Elinor, é unha hábil arqueira que decide romper cun antigo costume, que é sagrado para os señores da terra: o xigantesco Lord MacGuffin, o alporizado Lord Macintosh e o rosmón Lord Dingwall. As accións de Merida desencadean o caos e a furia no reino. Ademais, pide axuda a unha sabia anciá que lle concede un desexo moi desafortunado. A rapaza terá que afrontar grandes perigos antes de aprender que é a auténtica valentía.
Personaxes Kelly Macdonald como Merida Emma Thompson como Raíña Elinor Billy Connolly como Rei Fergus Julie Walters como A meiga Robbie Coltrane como Lord Dingwall Kevin McKidd como Lord MacGuffin e o rapaz de MacGuffin Craig Ferguson como Lord Macintosh Sally Kinghorn e Eilidh Fraser como Maudie Peigi Barker como Merida de nena Steven Cree como o rapaz Macintosh Steve Purcell como The Crow Callum O'Neill como Wee Dingwall Patrick Doyle como Martin John Ratzenberger como Gordon
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Mark Andrews Categoría:Filmes dirixidos por Brenda Chapman Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre osos